PONTEAREAS
Fernández alerta: "o concurso de ambulancias non esixe as dúas ambulancias as 24 horas"
A concellería de Sanidade que dirixe Vanesa Fernández alerta do risco de non dispor de dúas ambulancias 24 horas para as urxencias sanitarias. Fernández advirte que nas condicións que a Xunta de Galicia recolle na convocatoria para o concurso do servizo non se esixe un mínimo de dúas ambulancias as 24 horas.
Vanesa Fernández explica que tan só esixen unha ambulancia 24 horas e outra 12 horas, puntuando con 10 puntos a aquelas empresas que fagan unha mellora e amplíen a segunda ambulancia a 24 horas.
“Este servizo básico debería ser un requisito imprescindible e non algo accesorio puntuable porque as nosas ambulancias cubren un territorio xeográfico extenso para catro concellos con suficiente poboación como para ser indispensable as dúas ambulancias as 24 horas”.
Para a concelleira as bases do concurso priman o interese comercial das empresas e non a cobertura sanitaria da cidadanía.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163