Provincia
Carmela Silva esíxelle á Xunta que poña en marcha un fondo de cooperación local
A presidenta da Deputación de Pontevedra lanzou a proposta en Tui xunto ás candidatas e candidatos á alcaldía de Oia, A Guarda, Tomiño e Tui
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, participou este luns no acto organizado pola dirección provincial do partido en Tui, no que destacou os case 30 millóns de euros postos a disposición dos concellos de Tui, Tomiño, A Guarda, O Rosal e Oia. “É o maior investimento feito nunca por esta Deputación nestes concellos”, indicou.
Acompañada polas candidatas e candidatos á alcaldía das vilas de Tui, Enrique Cabaleiro, A Guarda, Antonio Lomba, Tomiño, Violeta de Santiago, e Oia, Gerardo Rodríguez, Silva exixiulle a Feijóo que poña en marcha “un fondo de cooperación cos concellos dotado con suficientes recursos”, seguindo o modelo do Plan Concellos da Deputación, é dicir, “repartidos con criterios obxectivos entre todos os concellos de Galicia”.
A Deputación de Pontevedra converteuse durante este mandato na entidade provincial de toda España que máis transferencias fai aos municipios. Unhas transferencias de capital feitas a través de diferentes programas e respectando sempre a autonomía local. En total, os investimentos feitos polo goberno provincial arroxan unha cifra de 600,49 euros por habitante destes concellos, permitindo que a totalidade da veciñanza teña garantidos os servizos básicos e os dereitos.
Silva manifestou o seu orgullo polo traballo feito durante estes catro anos. “A xente ten dereitos e nós temos a obrigación de facilitarlles que constrúan un proxecto de vida”, sinalou. “A xente cando vota pon en nós os seus desexos, as súas necesidades. Temos que escoitarlles, ser respectuosos e facer un esforzo para resolver o que che propón. As novas formas na política do S. XXI exixen saber escoitar”, apuntou Silva. “Estamos aquí para cambiar a vida da xente”, engadiu.
A presidenta quixo facer especial fincapé no reparto equitativo, “baseado nun modelo no que os recursos se reparten con criterios obxectivos e chegan a todos os concellos, sexan da cor política que sexan”. A dispersión xeográfica dos habitantes do concello ou a súa idade convértense en factores que se teñen en conta á hora de asignar fondos, rematando coa época na que o presidente Louzán tiña á súa 20 millóns de libre disposición que repartía arbitrariamente.
Silva entrou máis polo miúdo nas cifras dos investimentos que chegarán ao final do mandato a cada un dos concellos: Tui percibirá case 6,8 millóns de euros; en Tomiño os investimentos ascenden ata os 9,3 millóns; 7,8 millóns foron para ás arcas da Guarda; no Rosal, 2,4 millóns; e finalmente en Oia recibiron transferencias por valor de case 2,5 millóns de euros.
Estas cifras supoñen un aumento dun 31,20% no caso de Tomiño, ou un 26,32% para A Guarda no que respecta aos investimentos feitos en 2015, cunha media de crecemento nestes concellos dun 20%.
A presidenta dou conta de onde foron parar gran parte destes investimentos. O Servizo de Cooperación cos Concellos é o responsable de máis da metade destas cifras. En total, máis de 18,5 millóns de euros, un 62,17%, que van parar á realización de ata 228 actuacións de diferentes índole, así como á contratación de 357 persoas para garantir a prestación de servizos por parte dos Concellos.
A través da Liña 1 do Plan Concellos, eixo da acción de Goberno durante este mandato, “e que está a ser o reflexo no que se miran moitas outras Deputacións”, téñense realizado 177 actuacións, que van desde a mellora do patrimonio municipal, con obras novas e melloras de outras xa existentes (78 actuacións entre as cinco vilas); melloras urbanísticas nas vilas (27 actuacións); melloras medioambientais nas redes de saneamento, coa súa reparación ou creación (28 actuacións); ou melloras dos servizos a través da adquisición de bens e equipamentos (44 actuacións).
Estas cifras corresponden ao investimento realizado no que vai de mandato, e habería que sumarlles a 51 obras novas previstas para este 2019 nos cinco concellos, algunhas das cales xa están postas en marcha e que suman 3,1 millóns de euros de investimento.
Ademais, e coa vontade de resolver desigualdades entre os diferentes territorios da provincia, a Deputación de Pontevedra puxo en marcha tres plans: Reequilibrio, DepoRemse e PICEI (Plan de investimentos en equipamentos e infraestruturas) destinados a concellos de menos de 20.000 habitantes. En concreto, nestes concellos aprobáronse tres actuacións dentro do Plan de Reequilibrio por un valor de 1,4 millóns de euros: en Tui, na Guarda e en Tomiño.
O xa nomeado Plan Concellos consta tamén doutras dúas liñas de acción. A Liña 2, destinada a amortizacións, gasto corrente e actividades dos concellos; e a tamén mencionada Liña 3, que permitiu a contratación de 280 persoas: 75 en Tomiño; 59 para o concello da Guarda; en Oia, 36; 45 traballadoras e traballadores para O Rosal; e 65 para Tui. Para este 2019 estes concellos suman un total de 77 novas contratacións dispoñibles con fondos da Deputación, o que fará que ao final do mandato 357 novos empregos en 4 anos de mandato.
Valoración das candidatas e candidatos
Enrique Cabaleiro, candidato á alcaldía de Tui e anfitrión do acto, denunciou a “parálise obvia” na que vive o concello “desde que en 2017 nos desaloxaron do goberno coa moción de censura”, engadindo que a cifra de investimentos paralizados supera o medio millón de euros.
A candidata de Tomiño, pola súa banda, mostrou o seu orgullo polo traballo feito desde o goberno de Carmela Silva. “O PSOE é o partido dos dereitos e a igualdade, e eu síntome orgullosa do traballo feito desde a Deputación nestes eidos”, explicou, dos que dixo que a institución provincial “é referente”.
Na mesma liña se expresou Gerardo Rodríguez, destacando a introdución de criterios obxectivos no reparto de fondos da Deputación como unha das grandes decisións deste executivo provincial. “Unha medida que beneficia a todos os concellos, sexan da cor que sexan”, afirmou o candidato á alcaldía de Oia.
Por último, o candidato á reelección na Guarda, Antonio Lomba, sinalou que a chegada das e dos socialistas á Deputación supuxo “un balón de osíxeno e independencia” para o seu concello. “Louzán tíñanos afogados e quería que seguísemos así”, denunciou.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11