Sábado, 14 de Febrero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Miércoles, 08 de Mayo de 2019 Tiempo de lectura:
Provincia de Pontevedra

O PP de Pontevedra reúne aos seus candidatos ás Alcaldías da provincia

O PP de Pontevedra reuniu hoxe aos seus candidatos ás Alcaldías da provincia coa vista posta no inicio da campaña das eleccións municipais, que afrontará con forza desde este venres. Antes do encontro, o presidente provincial, Alfonso Rueda, indicou que os populares están con ilusión e con moitas gañas e que, “como facemos sempre, o vindeiro día 26 vamos sair a gañar”.

 

“As sensacións que percibimos en todos os lugares onde estamos presentando aos nosos candidatos son moi positivas, con moito apoio dos veciños, enchendo sempre. Nótanse o compromiso e as gañas de traballar dos nosos”, dixo.

 

Nesta liña, apelou a unir o voto en torno ao PP, que definiu como “a única alternativa viable aos gobernos de esquerdas” e puxo en valor a experiencia e o saber facer dos populares nos gobernos municipais ao longo de moitos anos. “Hai quen na súa carta de presentación presume de que nunca fixo nada en política. O PP pon a súa experiencia de xestión e o sue balance de servizo en Galicia”.

 

Por último, Alfonso Rueda chamou aos seus a traballar en equipo e con unidade, “como sabemos facer no PP”, polo que amosou a súa confianza en obter un gran resultado en todos os concellos da provincia. “Todas as nosas listas teñen carácter gañador”, suliñou.  

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.