VIGO
Vigo precisa medio cento máis de bombeiros
Os profesionais ven unha "falta de previsión" na convocatoria de prazas e din que traballan en "precario"
As Seccións Sindicais da CUT e da CIG dos bombeiros de Vigo deron, no día de hoxe unha rolda de prensa para aclarar "a situación de precariedade na que se atopan" segundo explicaron aos medios.
A falta de persoal obrigaos a facer 37.500 horas extraordinarias ao ano
"A plantilla de traballadores debe estar, por convenio, nos 149 traballadores, cando a día de hoxe chégase escasamente aos 100 por falta de previsión na convocatoria de prazas. Tal é a necesidade de persoal que fanse 37.500 horas extraordinarias ao ano cun custo de medio millón de euros. Ante a negativa de continuar facendo horas extra nun traballo de perigosidade no que a media da plantilla rolda os 50 anos, o Concello optou por impor un Decreto de obrigado cumprimento para que os bombeiros dobren as súas xornadas" aseguran os bombeiros.
Esta situación está levando á plantilla "a non ter conciliación nin vida privada, provocando situacións de estrés e ansiedade que desembocarán en baixas e menos persoal. A maiores, nos vindeiros tres anos vanse xubilar uns vinte traballadores e as prazas convocadas sempre estará por baixo".
"Vigo, a cidade máis grande e importante de Galiza, coma recorda continuamente o seu Alcalde, ten o peor servizo de bombeiros, co risco que isto supón para a cidade e a súa área metropolitana. No polo oposto está A Coruña, que pasou de ser un dos peores servizos a ser o mellor nos últimos catro anos. A lectura que se fai é obvia, a xestión de Vigo foi nefasta, a de A Coruña o contrario" sinalan os representantes sindicais dos bombeiros da cidade.
A CUT e a CIG, nas vindeiras datas, iran "intensificando a súa acción sindical para conquerir un servizo digno en medios humanos e materiais. Non queremos horas extra, queremos compañeiros e compañeiras de traballo".

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58