PONTEAREAS
Chus Garrote advirte que "o PP quere dilatar a aprobación do PXOM"
A candidata socialista e Concelleira de Urbanismo, Chus Garrote, advirte que o Partido Popular "so quere dilatar a aprobación do PXOM e confundir á cidadanía actuando de maneira irresponsable a súa voceira Belén Villar nas súas funcións como concelleira da oposición".
Chus Garrote recórdalle que "en novembro de 2018 abriuse un período de detección de erros para todo o mundo, canto máis para os concelleiros da oposición aos que se lles trasladou o documento nese mesmo mes contando tamén con liña directa co equipo redactor".
"Ademais, tamén foi anunciado e publicado o prazo de peche de recollida de erros que como é lóxico non pode ser eterno" explica.
A tenente de alcalde adianta que dende a súa concellería "apostaban pola celebración do pleno porque todos os actores desta lexislatura fomos coñecedores da evolución do documento". “Sempre dixemos que este PXOM contaba co consenso das tres forzas máis votadas deste concello e na procura dese consenso, por iso, ante esta nova solicitude de tempo non teño inconveniente en ampliala un par de semanas máis, sempre e cando se comprometan a facer o traballo que non fixeron nestes meses e a presentar propostas serias e rigorosas”.
Chus Garrote advirte que non vai consentir "que o Partido Popular xogue a perder o tempo e a pór atrancos", “se agora hai un documento avanzado, que se axusta aos requirimentos da Xunta e co que podemos comezar a desbloquear o crecemento de Ponteareas, non imos permitir que nunha xogada electoral ralenticen unha vez máis a xestión deste goberno”.
Respecto ás supostas parcelas recalificadas, a tenente de alcalde esíxelle a Villar que diga de que parcelas se trata e donde ven “a suposta recalificación da que falan. O Partido Popular de Belén Villar ten o costume de falar con suposicións e irrealidades sen os feitos nas mans” e o que se lle recomenda e que se poña a traballar para ir mandando o equipo redactor as propostas concretas para que a empresa redactora GOC conclúa e non dilatar eternamente a aprobación do mesmo.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163