GALICIA
A Xunta celebra o Día de Europa participando en varias actividades educativas
O equipo da Fundación Galicia Europa desprazouse a varios centros da capital galega para debater as vantaxes de pertencer á UE
A Dirección xeral de Relacións Exteriores e coa UE e o equipo da Fundación Galicia Europa (FGE) en Santiago de Compostela celebraron hoxe o Día de Europa organizando charlas nos centros de educación composteláns IES de Sar e o Colexio M. Peleteiro, co obxectivo de informar, formar e sensibilizar aos mozos e mozas de secundaria sobre a importancia que ten para Galicia pertencer á Unión Europea.
O equipo de Unión Europea ilustrou a máis de 150 alumnos e alumnas sobre as actividades que, neste eido, desempeñan a Xunta e Fundación Galicia Europa e o significado deste día para os europeos. A charla, titulada ‘Que podes facer ti pola UE?’, tiña por obxecto informar aos estudantes sobre o funcionamento das principais institucións europeas, os programas comunitarios para mozos, como o European Youth Event, o programa Erasmus+, o Interrail ou o Corpo Europeo de Solidariedade.
Para rematar, subliñouse o que cada cidadán europeo pode achegar para xerar un verdadeiro sentimento de pertenza a esta Europa plural: protexer activamente o medio ambiente, estudar algún dos idiomas oficiais na Unión para facilitar a comunicación cos nosos veciños europeos ou favorecer o intercambio cultural.
Así mesmo, e tamén co gallo do Día de Europa, a Xunta participou onte no xantar-debate organizado polo High Level Group de Innovación que preside o chantadino José Manuel Silva, antigo Director Xeral de Innovación e de Agricultura da Comisión Europea. O High Level Group de Innovación é un grupo de influencia con sede en Bruxelas que formula estudos e fai propostas ás institucións comunitarias sobre as orientacións da Política de Innovación europea. Os seus representantes, reunidos en Santiago, amosaron o seu interese por coñecer de primeira man as Estratexias de I+D+i da Comunidade Autónoma e o compromiso da Xunta coa transformación do noso modelo económico cara unha economía competitiva e sustentable, baseada no coñecemento e no talento, que acelere o crecemento económico e impulse o emprego e o benestar social.
Día de Europa
Desde 1985, o 9 de maio, o Día de Europa, conmemora a declaración que Robert Schuman, Ministro de Asuntos Exteriores de Francia, pronunciou en 1950, sentando as bases do que coñecemos como Unión Europea e propoñendo a creación da Comunidade Europea do Carbón e do Aceiro. Esta institución supranacional coordinaba a produción destas materias primas, fortemente ligadas á industria armamentística, realizando unha aposta pola paz entre os países de Europa. Esta declaración, e a posterior sinatura do Tratado de París en 1951 se considera o xerme da actual Unión Europea, unha comunidade que a día de hoxe vai moito máis aló que unha mera asociación económica.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58