Miércoles, 04 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Domingo, 12 de Mayo de 2019 Tiempo de lectura:
SALCEDA DE CASELAS

Davila eliminará a taxa de apertura para establecementos e baixará un 10% o rodaxe e lixo

O candidato popular á alcaldía de Salceda de Caselas está convencido de que “hai que baixar os impostos e as taxas municipais” para “aliviar ás familias na medida do posible” e fomentar a dinamización da economía local

O PP de Salceda de Caselas con Santiago Rodríguez Davila á cabeza como candidato á alcaldía do municipio está convencido de que “hai que axudar os veciños para chegar a fin de mes” e permitir que “vivan dignamente” e este motivo comprométese a baixar os impostos locais se o próximo 26 de maio consegue o apoio suficiente dos veciños para gobernar o Concello. Entre outras medidas, eliminará a taxa de nova apertura de establecementos e reducirá nun 10% as taxas de rodaxe e do lixo. Estas son só algunhas medidas fiscais que propón Davila, quen asegura que comezaría a aplicalas “de forma inmediata”.

 

Taxa de nova apertura de establecementos

Poñer en marcha un negocio supón un “risco” económico moi importante para calquera emprendedor e, para minimizar o máximo posible este desembolso, o candidato popular aposta por acabar con esta taxa municipal. Para Davila, o importante é a apertura de comercios e de empresas para que se xeren novos postos de traballo e dinamícese o tecido económico de Salceda. Neste sentido, engade que “non podemos empezar a casa polo tellado subindo os impostos abusivamente na última década sen levar a cabo medidas para o fomento do emprego, se hai traballo, hai vida, os veciños poderán cumprir coas súas obrigas fiscais e os comercios, a hostalería e as empresas camiñarán a bo ritmo para que a Salceda de futuro chegue canto antes”.

 

Rebaixa do 10% en rodaxe e lixo

A media por unidade familiar é de dous vehículos, o que significa que cada familia está obrigada a asumir o gravame, polo menos, por duplicado o que supón un montante superior os 190€ o ano, dependendo da potencia do vehículo. “Se a isto sumámoslle a taxa de lixo, 65€ no centro urbano e 40€ nas parroquias, pagar un 10% menos supón un aforro importante para as familias que poden dedicar a outras necesidades diarias”, argumenta Davila.

 

“Marcos Besada rexeitou sen xustificación o 10% de desconto que ofrecía Sogama a todos os salcedenses e, por tanto, é unha débeda cos veciños que nos comprometemos a pagar a pesar de non ser o culpables pero, o que temos claro, é que non van ser os veciños quenes asuman a incompetencia dun Alcalde que só pensa no seu propio beneficio”, promete o candidato popular e asegura farao “de forma inmediata”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.108

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.