Miércoles, 15 de Abril de 2026

Actualizada Martes, 14 de Abril de 2026 a las 20:46:44 horas

Xornal21.es
Viernes, 10 de Mayo de 2019 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Inaugurada a IV Feira do Libro do Porriño

Eva García, alcaldesa de O Porriño inaugurou a IV Feira do Libro de Porriño que permanecerá aberta ata o domingo 12 e conta con oito stands instalados na praza Arquitecto Antonio Palacios.


Trátase da cuarta feira do elenco de eventos que organiza a Federación de Librarías de Galicia en colaboración cos concellos e Xunta de Galicia circunstancia que lembrou Anxo Lorenzo, director xeral de Políticas Culturais da Xunta que asistiu tamén a inauguración. Suliñou que “os libros, a lectura e as librarías, intermediario imprescindible, fornecennós dun escosistema cultural absolutamente imprescindible”.


Pola súa banda Eva García citou que “os libros forman parte do noso acervo máis íntimo; o que temos lído ó longo da nosa vida, o que nos fixo chorar, soñar ou rir, tén moito que ver en que sexamos como somos”.

 

A continuación a escritora Clara do Roxo, mosense e tamén vencellada co Porriño, fixo o pregón de apertura da feira.


O longo destes días terán lugar quince actos de presentacións, coloquios e firmas de libros e vinte autores que estarán presentes, son alguns dos números máis salientables da Feira do Libro do Porriño.

 

Entre os escritores que pasarán pola Feira estarán Ledicia Costas, María Soliño, Raquel Castro, Sonia Mirón ou o porriñés Diego Giráldez co seu libro “Hotel para coleccionistas” publicado hai unas semanas por Editorial Galaxia que será protagonista hoxe venres.

 

Unha das actividades novidosas deste ano esta vencellada cos actos de lembranza á figura de Antonio Palacios que está a realizar o Concello do Porriño. Consistirá nun “roteiro” polas obras que legou o arquitecto na súa cidade. O percorrido será guíado por dous especialistas na obra de Palacios: Xosé Ramón Iglesias e Xosé Ramón Paz Antón e terá lugar o sábado 11.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.53

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.