SALCEDA DE CASELAS
José Manuel Núñez: "o Tesoreiro traballa sen cobrar por tal responsabilidade, ou sexa, de balde"
O traballador quixo dar “as grazas ós delegados e representantes sindicais da CIG, CCOO e CSIF, o noso abogado Raúl Vazquez, así como ós nosos compañeiros de traballo que nos acompañan nestes momentos tan difíciles e duros tanto para nos como para as nosas familias”.
Os traballadores do Concello de Salceda de Caselas veñen de dar unha rolda de prensa para “aclarar” as noticias difundidas nos últimos días por varios medios de comunicación.
Antes de comenzar deron “as grazas os delegados e representantes sindicais da CIG, CCOO e CSIF, que son todos os que teñen representación sindical no Concello, o noso abogado Raúl Vázquez, así como ós nosos compañeiros de traballo que nos acompañan nestes momentos tan difíciles e duros tanto para nos como para as nosas familias”.
José Manuel Nuñez Troncoso foi o encargado de por voz aos traballadores, este veciño de Salceda e actual Tesoreiro do Concello de Salceda quixo demostrar ante os medios “as acusacións falsas sobra a miña persona e familia, publicadas nun coñecido diario local, o pasado Domingo 5 de Maio, por parte do Alcalde de Salceda”.
José Manuel Núñez falou tamén en nome do seu irmán, inda que é a el a quen principalmente se lle “acusa” nesa noticia.
Nuñez Troncoso sinalou que comezou a traballar neste Concello “cando aprobei as oposición o 30 de Setembro de 1.991, é dicir fai mais de 28 anos, así como a persona que está a miña beira, meu irmán Emilio empezou en Febreiro do ano 1.993, fai 25 anos”.
Nos seus inicios dixo “o Concello contaba cunha Administrativa Tesoreira, Dña. Blanca Pérez Queimadelos, polo que fun destinado nese departamento, facendo as labouras de auxiliar”.
“Tres anos despois, Outubro 1994, tras a xubilación da Tesoreira, e ser a única persona do Concello, que levaba a contabilidade municipal, fun nombrado Tesoreiro, e ata a data de hoxe sigo exercendo como tal, aprobando o Pleno en Maio de 1.995, a cantidade de 101.412 ptas (609,49 €) como complemento específico por ‘Especial Responsabilidade’ do cargo e para igualar a nómina coa anterior Tesoreira” sinala.
En toda esta época aclarou que o seu irmán, Joaquín Nuñez Troncoso, “non estaba na vida política municipal”.
Feito este preámbulo analizou as noticia, publicadas “nestes días tanto na prensa escrita como nas redes sociais por Movemento Salceda e o equipo de gobernó”.
Na mesma fálase dun “incremento exponencial e irregular nas nóminas dos anos 2.004, 2.005 e 2.006”. Para demostrar a falsedade de tal incremento, vou mostrar as miñas nóminas indicando os ‘os incrementos exponenciales’ que dicen”.
O Consello de Contas de Galicia, nun informe correspondente o ano 2009, sobre o Concello de Salceda dice textualmente o seguinte : “na plantilla de persoal, prevista nos artigos 90.1 da LRBRL e 126 do TRRL, que figura anexa ao orzamento, relaciónanse 24 postos de traballo reservados a funcionarios. Comprobouse que todos os postos de traballo están dotados orzamentariamente, e que os importes das retribucións básicas e complementaria son os establecidos na Lei de Orzamentos Xerais do Estado para 2009”.
“Non obstante –sinala o Consello de Contas- do examen das nóminas dos meses de marzo e decembro de 2009, verificouse que 2 traballadores do subgrupo C1 perciben, ademáis das habituais retribucións complementarias (destino e específico), un complemento específico de tesourería por importe mensual de 742,25 euros, no caso do Tesoureiro municipal; e, outro funcionario un complemento por acumulación de tarefas por 303,08 euros ao mes, así como 389,67 euros, na nómina de marzo, por suplencia do interventor. En ambos casos incúmprese o establecido no artigo 93.2 LRBRL, ao non atender ditos conceptos á estrutura e criterios de valoración obxectiva da do resto de retribucións complementaria dos funcionarios públicos. Neste sentido, a Intervención municipal, en diversos informes, indica a improcedencia de que se perciban este tipo de retribucións e recomenda que se regularice a situación”.
José Manuel Núñez explicaba que en ningún momento sinala que teñamos que devolver ningún tipo de retribución, senon que recomenda que se regularice a situación”.
“Sen embargo, o Sr. Alcalde, que xa sabemos das súas facilidades para ser Xuiz, mediante Decreto de data 27/09/2016 RESOLVE “Requerir o reintegro das cantidades comprendidas entre o 23 de Outubro de 2011, e 29 de Agosto de 2014, así como os xuros de demora” explica Núñez.
A consecuencia disto é, segundo José Manuel Núñez “que o Sr. Alcalde me obriga devolver o que o Pleno de 1995, acordou pagarme por levar a funcións de Tesourería, e desta maneira, o Concello, pasa a ter un Tesoreiro que non cobra por tal responsabilidade, ou sexa, de balde”.
Ademáis aclarou que “este reintegro de cantidades actualmente está recurrida na Xustiza Ordinaria, concretamente no TSJ de Galicia, esperando a sentencia”.
Tamén califica de “falso” o que dice a noticia publicada “a partires dese momento a relación do Tesoreiro co equipo de goberno da un xiro de 180º con negativa a realizar tarefas que levaba anos realizando como encargado da recadación do día da festa dos callos”.
José Manuel Núñez aclara que “o reintegro das cantidades empezóu no ano 2016 e eu xa no ano 2014 deixei de colaborar na festa dos Callos, porque como todo o mundo comprenderá, si alguén estate acosando, presionando… non vas facer un traballo do que non teis obriga, a pesares, de que para min traballar na festa dos callos era un motivo de orgullo participar nese evento, e sempre fun, dende o ano 1993, de maneira altruista ata a chegada do Sr. Besada e o seu equipo o poder, porque xa a situación era insoportable”.
Referente a que nos últimos meses desobedecera “ata catro veces unha orde dada por decreto do Alcalde”, explica indignado que “isto xa e o colmo dos colmos”.
“Teño aquí toda a documentación que resumo e mostro: en Outubro de 2018 recibo unha orde de pago que, entre outros preveedores inclúe un pago a unha empresa petrolífera que presentou e se lle aprobaron as facturas” sinalaba engadindo que “a miña sorpresa foi que antes de proceder o pago a Concelleira de Facenda, Loli Castiñeira, dime que o pago non e a tal empresa petrolífera, senon a unha gasolinera local. Como non entendeu (ou non quiso entender) que iso non se poder facer, lle comunico en varias ocasións por escrito que para realizar o pago que pretende ten que haber unha cesión de créditos da empresa petrolífera hacia a gasolinera local. Sigue nas mesmas e decido ter unha reunión con ela, para tratar de facerlle entender como se ten que proceder, e o fago en presencia dos delegados sindicais, para que sexan testigos de tal reunión. Tanto nos escritos como nesa reunión sígolle manifestando que non me nego a acatar o decreto de pago, senon que son necesarios uns pasos previos para poder efectuar o pago que pretenden. Ao final o Alcalde dita un Decreto no que se acorda o que sempre manifestei nos escritos e de forma verbal coa Concelleira, pero a sorpresa e o punto 4 que literalmente dice “ Todo o anterior sen prexuizo da procedencia de incoación de expediente sancionador ao Sr. Tesoureiro por ter desobedecido ordes dadas pola Alcaldía….”
José Manuel Núñez explicaba ante os medios que “isto foi en Decembro de 2018, e me abre un expediente ahora, bueno, iso dicen públicamente, sin terme notificado, ata o día de hoxe, nin a min nin os delegados sindicais tal apertura de expediente, tal como está lexislado” asegura engadindo que xa presentou “a correspondente denuncia na Axencia Española de Protección de Datos de Carácter Persoal”.
Os traballadores consideran “que todo isto e unha persecución e acoso laboral hacia as nosas personas, e concretamente neste caso, hacia a miña, simplemente polo feito de ter un irmán, Joaquín, que libremente, pois estamos nun país democrático, non sucede así en Salceda, decidiu no seu momento participar nun proxecto político, neste caso no Partido Popular. Este acoso aumentou considerablemente dende que no ano 2011 está no oposición municipal” aseguraron.
O traballador califica de “denigrante, que o Informe do Consello de Contas tamén dice textualmente: ‘… Comprobouse que tres concelleiros percibiron, por este tipo de asistencias do ano 2009, a cantidade bruta de 6.000,00 euros cada un, e que otro edil percibiu 5.950,00 euros. Por tanto, pagouse un total de 23.950,00 euros…, e solicitar o reintegro das asignacións indebidamente percibidas, sen prexuizo das responsabilidades que procedan.” Feito polo que dende o equipo de gobernó “non se tomou ninguna medida” explica.
O texto tamén dice: (…) VI CONCLUSIÓNS. En materia de persoal (…) O Concello non dispón de relación de postos de traballo e tampouco existe acordó regulador das ondicións de traballo do persoal funcionario nin convenio colectivo de persoal laboral. (…) Debe elaborarse a Relación de Postos de Traballo. (…) Débense evitar a reiteración fraudulenta de contratos de duración determinada para a cobertura de postos de traballo que responden a necesidades de carácter permanente. (…) Débense axustar as retribución complementaria á normativa aplicable aos funcionarios públicos”. Contra isto “tampouco se tomou ninguna medida” explica o traballador municipal.
Para rematar aclarou que “Emilio, é o único traballador do Concello que realiza sustitución de rango superior e tal como contempla a lexislación e non se lle retribuen as diferencias salariais entre tales postos”.
O empregado municipal aproveitou para dar a enhoraboa ó seu compañeiro Juan José Rodríguez Estévez, ‘Charango’ para os amigos, “porque onte gañou o xuizo contra o Concello, pola sua precaridade laboral”. O vindeiro luns, ten xuizo outro compañeiro, en Xuño outra, en Setembro outra, en Xaneiro outra… e así un regueiro de traballadores que véronse forzados a “acudir ó Xulgado, gastando os seus cartos en abogados para reclamar e conseguir os seus dereitos laboráis”.
José Manuel Núñez quixo aclarar o cambio das circunstancias e as dificultades da falta de persoal “cando eu entrei no ano 1991, Salceda tiña unha población de pouco máis 5.000 habitante e os Funcionarios que había era un Secretario, tres administrativos e os dous auxiliares que entramos. Actualmente cunha población de 9200 habitantes, somos unha Secretaria, un Interventor (unha vez a semana), 2 Administrativos e 3 Auxiliares. Como poden comprobar a diferencia e considerable, pero a pesares desta enorme falta de persoal, o traballo sigue saíndo, polo que non entendemos o que están a sufrir os traballadores deste Concello”.
Rematou comunicando que están “emprendendo accións na xustiza ordinaria por todos estes feitos e quero pedir ao medio de comunicación, unha rectificación da noticia publicada o domingo, por atentar contra o miña honestidade e a da miña familia, sobre todo, acusándome de desfalco de diñeiro público, e pídolle que publique unha nota, polo menos, do mesmo tamaño e no mesmo día da semana”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.108