Miércoles, 15 de Abril de 2026

Actualizada Martes, 14 de Abril de 2026 a las 20:46:44 horas

Xornal21.es
Domingo, 12 de Mayo de 2019 Tiempo de lectura:

Carril bici, transporte público, un paseo polo Louro e espazos de lecer as peticións dos máis cativos

Vinte representantes de 10 centros educativos de Porriño (dous por centro) participaron esta semana no Pleno Infantil que o Concello celebra cada ano para promover a participación de nenos, nenas e adolescentes. Tratábase de visibilizar a súa opinión e dereito a participar na xestión da cidade recollendo as súas propostas, tal e como sinala a Convención sobre os Dereitos do Neno.

 

[Img #53079]Previamente a alcaldesa e a concelleira de Educación, en compañía dos nenos e nenas representantes dos centros de ensino máis os seus profesores e titores, acudiron ata a entrada do termo municipal pola Avenida de Galicia onde instalouse un dos catro sinais informativos que lembran a condición de Porriño como “Cidade Amiga da Infancia”.

 

A continuación, de volta na casa consistorial, a alcaldesa deu a benvida ós representantes de cada centro. Eva García lembrou que o mérito de esa declaración da UNICEF a favor de de Porriño que acadou o Concello e recibiu en Oviedo hai meses, “tamén é un mérito de todos vós e da comunidade educativa da cidade”.

 

Entre as propostas que os rapaces realizaron durante o Pleno Infantil moitas delas insistiron nunha maior dotación de espazos de lecer e para practicar deporte; demandaron carril bici e transporte público en autobús para comunicar as parroquias e o centro urbán de Porriño. Asimesmo representantes de varios centros coincidiron en pedir un paseo polo río Louro xunto co saneamento do caudal e as súas marxes.

 

A alcaldesa Eva García agradeceu as aportacións de todos os representantes de colexios e institutos participantes. Ó remate do pleno infantil a alcaldesa e a concelleira de Educación, Lourdes Moure entregaron agasallos e una placa conmemorativa a cada centro escolar participante.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.53

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.