Mos
O BNG de Mos presentou o seu programa electoral en Torroso
Mellorar os servizos públicos, reformar o PXOM ou crear espazos de convivencia con humanizacións en todas as parroquias son algunhas das propostas
O BNG de Mos abriu a campaña electoral en Torroso, cun acto público que serviu para presentar as propostas recollidas no seu programa para os próximos catro anos.
O candidato á alcaldía, Gustavo Barcia, indicou que se presenta ”cun proxecto para gobernar” e marcouse o obxectivo de “cambiar Mos, da man da veciñanza, tralas eleccións do próximo 26 de maio”. Arroupado polos membros da súa candidatura, manifestou o seu desexo de “construír un concello máis social, máis verde, feminista e que defenda á veciñanza fronte os especuladores”.
O programa do BNG recolle medidas para mellorar os servizos públicos, como estender o saneamento ás zonas onde agora non chega ou ampliar a rede de autobús urbano para conectar todas as parroquias entre si e cos concellos de arredor. Inclúe tamén propostas concretas para os servizos sociais, a rexeneración democrática do Concello, o medio ambiente ou o urbanismo, que é, para os nacionalistas, unha liña de actuación prioritaria.
Gustavo Barcia lembrou que o BNG votou en contra do actual Plan Xeral, pero indicou que “a solución non é tiralo abaixo, porque un PXOM costa moito diñeiro e leva moito tempo facelo”.
Defendeu a necesidade de modificar o actual documento para revisar, entre outros aspectos, o ancho das vías e puxo como exemplo do que non se debe facer a construción da senda peonil de Torroso a Petelos. Referiuse a ela coma “o paseo da morte” e indicou que “non ten sentido reformar unha estrada para manter as mesmas curvas e deixala máis estreita”.
Humanizacións en todas as parroquias
Entre as propostas que se expuxeron no acto de apertura de campaña está a de desenvolver traballos de humanización en todas das parroquias. Segundo Barcia, “o modelo do Pazo de Mos, que é crear unha contorna fermosa onde a xente se pode reunir, podemos trasladalo ao resto do concello”. O seu proxecto para Torroso é “humanizar a contorna da Igrexa” dixo.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217