Sábado, 21 de Marzo de 2026

Actualizada Sábado, 21 de Marzo de 2026 a las 08:40:38 horas

Redacción / Xornal21.es
Sábado, 11 de Mayo de 2019 Tiempo de lectura:
Tomiño

O BNG de Tomiño arranca a campaña electoral

O equipo celebrará unha vintena de mitins por todas as parroquias do municipio

O BNG de Tomiño arrancou a campaña electoral para as municipais do 26 de maio arroupado polos seus militantes e simpatizantes. Ao longo dos vindeiros días, a candidata á Alcaldía de Tomiño, Sandra González, e o seu equipo percorrerán as 15 parroquias do municipio cunha vintena de mitins.

 

O calendario de mitins comezou este mesmo venres 10 de maio en Vilameán onde Noel Claro e César Puertas, membros do equipo pola parroquia, estiveron acompañados pola candidata, Sandra González, e polo número 2 da lista, Uxío Benítez, para presentar aos veciños e veciñas os seus obxectivos para os vindeiros 4 anos.

 

As vindeiras paradas serán Carregal, Pinzás, Vilachán do Monte e Hospital, catro citas para esta fin de semana. Este sábado 11 ás 20.00 h o equipo do BNG de Tomiño estará no Novo Bar de Carregal, mentres que o domingo 12 as citas serán na Casa Social de Pinzás ás 12.30 e na Casa Social de Vilachán do Monte ás 17.30 h, pechando a xornada na Casa Social de Hospital ás 21.00 h.

 

Convencidos de que ‘O mellor está por vir’, o BNG de Tomiño irá presentando nos próximos días un programa "no que teñen especial protagonismo tanto a consolidación e finalización de grandes proxectos xa comezados, como a humanización e mellora dos espazos públicos do Seixo, a reconfiguración e mellora dos espazos públicos de Goián ou o remate da Senda do Río Miño entre Goián e Tui, como todas aquelas novas iniciativas que mellorarán o futuro da vila, como a construción da biblioteca ou o centro de iniciativas agrarias".

 

Todo apoiado "nun equipo ilusionado composto por 27 persoas no que se combina a experiencia das persoas máis veteranas co aire fresco de novas incorporacións. Un equipo co que seguir ilusionando e traballando para consolidar o proxecto de futuro de Tomiño" sinalan.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.