Lunes, 19 de Enero de 2026

Xornal21.es
Martes, 14 de Mayo de 2019 Tiempo de lectura:
GONDOMAR

Aberto o prazo de inscrición para o curso de “operario de loxística e produción”

O Concello de Gondomar, continuando coa programación de accións formativas para a veciñanza ten prevista a realización dun curso de “operario de loxística e producción”, dirixido de forma prioritaria a persoas desempregadas e empadroadas no noso municipio que posúan, como mínimo o graduado escolar ou equivalente. Neste curso, o alumnado adquirirá os coñecementos teórico/prácticos nos procesos productivos industrias, de loxística e almacén, ademáis conta con formación en manexo de carretillas elevadoras e 80 horas de prácticas non laboráis en empresas.

 

O Concello sufraga íntegramente esta acción, o que implica unha moi boa oportunidade para as persoas interesadas neste tipo de formación e emprego, non só pola súa calidade, senón tamén polo importante aforro económico que supón dita financiación completa.

 

Este curso, terá unha duración de 175 horas nas que se inclúen un módulo de prevención de riscos laboráis, formación en manexo de carretillas e prácticas en empresas; ten previsto o seu inicio o 3 de xuño, en horario de 16:00 a 21:00h. estando aberto o prazo de inscrición do 6 ao 16 de maio.

 

As persoas interesadas en participar, terán que presentar a súa solicitude no Rexistro Municipal, cubrindo unha instancia e achegando a documentación que se indica en dita solicitude. Para ampliar esta información, pódese contactar co 986 384 020 ou por mail en emprego@concellodegondomar.gal

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.