PONTEAREAS
Chus Garrote propón empregar a realidade virtual para a promoción do Corpus
Para Chus Garrote o Corpus debe vertebrar todas as accións de promoción turística do Concello de Ponteareas. Por este motivo cre necesario conectar a tradición máis senlleira e centenaria da vila do Tea coas novas tecnoloxías como mecanismo de difusión e promoción internacional que se complementa á perfección con outras como a confección de alfombras en países como Italia, Portugal e Bélxica.
Para a socialista os avances en realidade virtual a través dos teléfonos móbiles intelixentes (smartphones) é unha oportunidade única para achegarse a todos os recunchos do planeta. “Quero que calquera cidadán do mundo poida desfrutar das alfombras do Corpus Christi desde calquera punto parte do mundo” afirma Garrote.
Grazas a tecnoloxía 360 graos coa que por exemplo Google ofrece os Street View, os socialistas apostan pola súa aplicación para a creación dun espazo virtual co que pasear polas rúas alfombradas de Ponteareas en calquera época do ano. “Esta acción non só serviría para achegar a nosa tradición ao exterior, senón como reclamo para atraer máis turistas a nosa cidade. Isto suporía máis ingresos para o comercio, hostalería e hospedería. É dicir, máis economía local” asegura a candidata socialista á alcaldía.
Por outra banda, Garrote propón a creación dun Centro de Interpretación do Corpus para a experimentación e creación de alfombras con novos materiais florais. Así mesmo, a socialista aposta polos talleres de debuxo técnico e artístico gratuítos para os mestres alfombristas. “Debemos apostar polo Corpus en todas as súas dimensións” afirma Chus Garrote.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163