OIA
A tempada de curros en Oia comeza na Valga
A tempada de rapas das bestas en Oia comezaba esta fin de semana co tradicional curro da Valga, que tiña lugar este domingo día 12 de maio desde primeira hora da mañá.
A partir das 9.00 horas os gandeiros comezaban a xuntar as bestas e a chegada dos cabalos ao recinto da Valga (parroquia de Loureza) producirase sobre as 13.00 horas. Xa pola tarde, arredor das 17.00 horas, tiña lugar as actividades de rapa, desparasitado e marcado dos animais.
En canto ao número de cabalos participantes neste curro, estímase que foron uns 250 adultos e arredor de 50 poldros.
O curro da Valga transcorría no seu habitual ambiente festivo, con cantina e postos de comida onde as persoas que se achegaban ata o lugar puidesen gozar desta xornada de actividade gandeira e celebración popular.
Despois da Valga, en Oia desenvolverase os curros de Torroña (2 de xuño) e Mougás (9 de xuño).
Avisos sobre fogueiras, medio ambiente e acampadas:
En relación á próxima celebración dos curros, lémbrase que soamente está permitido facer fogueiras nos lugares habilitados para elo. No caso de que o IRDI (Índice de Risco Diario de Incendio Forestal) teña un nivel elevado ese día, os lumes quedarán totalmente prohibidos.
Por outra banda, solicítase a colaboración das persoas asistentes á hora de respectar o medio ambiente, evitar danar o arborado e manter a contorna libre de lixo. Na zona haberá contedores para depositar os refugallos.
Finalmente, lémbrase que na zona tampouco está permitido realizar acampadas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136