Viernes, 10 de Abril de 2026

Actualizada Viernes, 10 de Abril de 2026 a las 08:48:47 horas

Xornal21.es
Domingo, 19 de Mayo de 2019 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

Campaña de prevención do cancro de pel entre a mocidade

A concellería de Sanidade informa ao alumnado das consecuencias da exposición ao sol

A concellería de Sanidade, dirixida por Vanesa Fernández, distribúe información sobre como protexerse do sol dentro da campaña annual de prevención e concienciación que ten como obxectivo educar á mocidade para evitar problemas de saúde na idade adulta.


Supervisados polo departamento de pediatría do centro de saúde local, Vanesa Fernández fixo chegar ao alumando de 3º e 4º da ESO folletos explicativos nos que ademais de facilitar consellos á hora de protexerse tamén se informa das consecuencias irreparables da radiación solar.


“Xa en tempada primaveral e de cara ao verán é importante que a mocidade aprenda a coidarse e coñeza os riscos de exporse ao sol sen ningún tipo de protección solar”.


Segundo explica a concelleira a Asociación Española de Pediatría (AEP) advirte que entre un 50% e un 80% do dano por exposición solar que un individuo recibe durante toda a súa vida se realiza durante a infancia e a adolescencia.


Os hábitos axeitados e a protección solar poden evitar un 80% dos casos de cancro xa que a exposición solar dende a infancia incrementa o risco de cáncer na vida adulta.


As e os pediatras advirten: As nubes, sobre todo se son finas, permiten o paso da radiación ultravioleta e os menores de 3 anos non deben exporse ao sol.


“A exposición solar intensa durante as duas primeiras décadas da vida está relacionada co fotoenvellecemento cutáneo e a formación de cancro de pel”.


Ademais, a concellería de Sanidade achegoulles tamén unha mostra de cremas de protección solar para que comecen a ter o costume de empregala a diario.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.