Sábado, 21 de Marzo de 2026

Actualizada Sábado, 21 de Marzo de 2026 a las 17:38:52 horas

Xornal21.es
Sábado, 18 de Mayo de 2019 Tiempo de lectura:
TOMIÑO

O mural da artista Doa Oa reivindica en Tomiño un mundo igualitario

A deputada Montse Magallanes, xunto á alcaldesa Sandra González, asistiu a acción que “busca remover conciencias para poder rematar coas violencias machistas”

A deputada provincial Montse Magallanes, acompañada da alcaldesa Sandra González, asistiu esta semana no Campo de Fútbol Municipal do Alivio, en Tomiño, a unha nova acción do programa da Deputación de Pontevedra “Mulleres en acción: Violencia Zero” de loita contra as violencias machistas. A encargada de visibilizala, esta vez ao través da pintura, foi a artista Doa Oa.

 

Oa elaborou un mural co que reivindicou a creación dun mundo máis xusto e igualitario a través da natureza. Esta intervención artística, titulada “Reforestando”, empregou como eixo central o poder natural das plantas e a súa relación coas e cos habitantes do seu entorno e que tivo as plantas “Ruda” e “Belladonna” como protagonistas. A artista explicou que “con este mural pretendo por en valor o papel das mulleres coa natureza así como a transmisión da sabedoría popular”. O debuxo acompañouno da frase "As menciñeiras escoitan a vida. Xuntas sanamos".

 

Tanto Montse Magallanes como Sandra González coincidiron en sinalar “a importancia de programas coma Violencia Zero, que permítenos remover conciencias e así traballar para rematar coa lacra das violencias contra as mulleres”. A alcaldesa de Tomiño tamén quixo dar as grazas “á Deputación por ter ideado este programa que hoxe temos o pracer de acoller”.

 

Este ano 2019 “Mulleres en Acción. Violencia Zero” volve reunir o traballo de 25 artistas especializadas en diferentes modalidades como son a pintura, a música, a danza, o teatro, a poesía, o graffiti ou a performance, vinculadas todas elas pola vontade de ofrecer na súa obra un firme discurso en favor da igualdade de xénero. Esta cuarta edición comezou en novembro de 2018 e se celebra en 25 concellos (Vigo, Pontevedra, Ponteareas, Salceda, Vilaboa, Mos, Ponte Caldelas, Cambados, Vilagarcía de Arousa, Barro, Lalín, O Grove, Silleda, Tomiño, Poio, As Neves, Illa de Arousa, Baiona, Cangas, A Guarda, Forcarei, Gondomar, Cuntis, Meis e Nigrán).

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.