GALICIA
Aberto o prazo de solicitude de axudas para a certificación da marca Q no sector turístico
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este mes a resolución da convocatoria das axudas que a Consellería de Cultura e Turismo, a través de Axéncia Turismo de Galicia, dirixe ao sector turístico galego para a certificación, seguimento e renovación da marca Q de Calidade do Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE).
Como detalla a resolución, poden concorrer establecementos de turismo rural e hostaleiro, apartamentos e vivendas turísticas, campamentos, axencias de viaxes, cafeterías, bares, restaurantes e empresas de servizos complementarios. O procedemento de concesión tramitarase en réxime de concorrencia competitiva.
Considéranse actuacións subvencionables as dirixidas á mellora da calidade turística mediante procesos de primeira certificación, seguimento e/ou renovación da marca Q de Calidade Turística do ICTE, correspondentes ao ano 2019 e que se inicien a partir de 1 de xaneiro de 2019. Inclúense, entre outros, os custos de auditoría externa facturados pola entidade auditora acreditada polo ICTE e tamén os derivados dos dereitos de uso da marca Q no ano 2019, unha vez conseguida a certificación, o seguimento e/ou a renovación do establecemento, facturados polo ICTE ao establecemento.
As bases completas da convocatoria, para a que estará aberto o prazo ata o 13 de xuño, pódense consultar no Diario Oficial de Galicia e a presentación de solicitudes realizarase por medios electrónicos a través do formulario dispoñible na sede electrónica da Xunta.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58