Sábado, 13 de Septiembre de 2025

Xornal21.es
Domingo, 19 de Mayo de 2019 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O BNG traslada as súas propostas sobre o abastecemento de augas aos representantes das traídas

Pedro Pereira recoñece o traballo realizado ás directivas das distintas traídas e comprométese a convocar unha liña de subvencións anual para a mellora do servizo

Pedro Pereira recoñece o traballo realizado ás directivas das distintas traídas e comprométese a convocar unha liña de subvencións anual para a mellora do servizo

O Bloque Nacionalista Galego do Porriño mantivo un encontro este martes con representantes das traídas de augas do Porriño para dar a coñecer as súas propostas, ao mesmo tempo que quixo recoñecerlle o traballo que realizan e o compromiso e dedicación de xeito altruísta das mesmas para cos seus veciños.


O candidato do BNG á alcaldía do Porriño, Pedro Pereira, ademais de recoñecer esta labor transmitiulles aos asistentes ao encontro que “é preciso que as administracións, neste caso o Concello do Porriño, establezan nos seus orzamentos partidas para colaborar no tratamentos da auga, conservacións dos mananciais, depósitos e redes de distribución, así como establecer mecanismos de coordinación e colaboración para que haxa, tamén nas parroquias, un servizo de calidade no subministro de auga”.


O BNG cre tamén necesario implicar nesta colaboración o Consorcio do Louro, posto que na actualidade ten as competencias, e débese recoller nas ordenanzas reguladoras e fiscais particularidades e mecanismos de coordinación coas redes existentes de titularidade veciñal que hai nas distintas parroquias.


Ao respecto da colaboración do Concello coas traídas de auga parroquiais, o BNG do Porriño propuxo xa nos orzamentos do 2018, mediante unha emenda, un importe de 95.000 € para subvencións ás traídas de augas, ao comprobar que o goberno municipal non recollía ningunha partida para esta finalidade.


A día de hoxe o actual goberno segue sen publicar a convocatoria para que as traídas poidan optar ás subvencións, quedando en evidencia unha vez máis a falla de interese do goberno de Eva García por executar os orzamentos municipais aprobados en pleno e, neste caso concreto, a falla de compromiso coas traídas de augas.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129

Todavía no hay comentarios

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.