Sábado, 21 de Marzo de 2026

Actualizada Sábado, 21 de Marzo de 2026 a las 17:38:52 horas

Xornal21.es
Lunes, 20 de Mayo de 2019 Tiempo de lectura:
TOMIÑO

Comezan en Tomiño as obras para dotar de fibra óptica O Seixo e Goián

De forma progresiva iranse incorporando algúns barrios e parroquias

No núcleo de Tomiño estanse a levar a cabo os traballos de obra civil para a rede de distribución no Seixo, Barro e Cotro. Paralelamente, estase a acometer o cableado e tendido de fibra óptica; tarefas que se estenderán até o mes de xuño.

 

[Img #53198]Concretamente, estanse a facer as obras civís de canalización no núcleo de Goián, as que se prevé finalizar a finais deste mes, segundo informa o concelleiro Antonio Tartaglione, responsable das áreas de Promoción Económica e Réxime Interior. Estas obras corresponden á rede de distribución para dar servizo aos núcleos de A Gándara e Tollo; Avenida Ordoñez e Brasil. En paralelo a estes traballos, se está a acometer, tanto en Goián coma en Tomiño, o cableado e tendido de fibra óptica, que se estendera até o mes de xuño.

 

Comezarase tamén a partir desta semana a obra civil da rede de distribución no núcleo de Tomiño, necesaria para dar servizo aos núcleos de O Seixo, Barro, e Cotro.


 
O proxecto ten agora mesmo dúas compoñentes que condicionan o prazo no que se comezará a dar servizo: por un lado, a finalización do tendido da troncal de fibra óptica para chegar aos núcleos de Goián e Tomiño, dende A Guarda pola estrada xeral (avanzado ao redor do 60%, correspondente á parte máis problemática xa executada) que podería rematarse en poucas semanas se non xorden atrancos imprevistos. E por outro, dispoñer de tensión eléctrica nos armarios de comunicación instalados en Goián e Tomiño.


 
“As mellores estimacións nos permitan comezar a ter servizo inicialmente nos núcleos de O Seixo e Avenida Ordoñez e Brasil, e a partir de aí e de maneira gradual, ir implementando o servizo nos barrios de Tollo e A Gándara, e en Tomiño nos de Barro e Cotro, e finalmente, na parroquia de Figueiró, que  son os núcleos obxecto deste primeiro proxecto de despregamento de rede de alta velocidade no noso Concello”, explica o concelleiro Antonio Tartaglione.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.