GALICIA
A Xunta limitará o número de salóns de xogo e tendas de apostas
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, avanzou hoxe na Comisión de Xogo de Galicia que o Consello da Xunta aprobará mañá este acordo
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, avanzou esta semana que a Administración autonómica limitará o número de salóns de xogo e tendas de apostas aos xa existentes ou con solicitude en tramitación. Deste xeito, quedarían como máximo 118 salóns de xogo e 41 tendas de apostas.
O obxectivo desta medida, que anunciou hoxe na Comisión do Xogo de Galicia e que é froito dun intenso diálogo, é pechar o mercado ante a próxima publicación da nova Lei na materia e evitar así que se poida aproveitar o período previo á súa entrada en vigor para especular e poñer en marcha novas instalacións.
O obxectivo é pechar o mercado antes da aprobación da nova Lei do Xogo, que manterá esta limitación
A nova Lei do Xogo, cuxo borrador se coñecerá nas próximas semanas, manterá a limitación do número de salóns de xogo e tendas de apostas, entre o resto de medidas que buscarán conciliar a prestación da actividade coa máxima garantía de protección das persoas, especialmente dos menores e colectivos máis vulnerables.
A Xunta leva meses traballando neste novo texto lexislativo que permitirá actualizar a anterior Lei, que ten xa máis de 30 anos, e adaptala aos tempos actuais e novos modelos de xogo.
Actualmente xa está elaborado un borrador, para o que se recolleron suxestións de toda a cidadanía e mantiveron conversas e reunións con todos os sectores implicados. A previsión é publicar en exposición pública este noxo texto ao longo do mes de xuño, para logo ser aprobado polo Consello e remitido ao Parlamento.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58