GALICIA
A Xunta avoga en Ribeira por manter o actual crecemento sustentable da construción
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou esta semana no I Foro Clave Construtiva celebrado no Centro Empresarial da Construción do Barbanza
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou esta semana no I Foro Clave Construtiva, celebrado no Centro Empresarial da Construción do Barbanza, en Ribeira, onde incidiu na importancia de que este sector manteña a senda actual de crecemento sustentable e ordenado.
Neste sentido, explicou que a construción medra tanto en termos de emprego como de actividade e sinalou que a Xunta apoia este desenvolvemento a través do impulso á creación de empresas, na oferta formativa e na promoción da prevención. Así, fixo fincapé na importancia de contar cunha Administración facilitadora que non poña trabas ao desenvolvemento empresarial e citou a Lei de implantación empresarial. Ademais, insistiu na relevancia de contar con traballadores cualificados polo que é preciso ofrecer unha formación adaptada ás necesidades reais.
Destaca a necesidade de que sector e administración aposten pola formación, a seguridade, a prevención, a rehabilitación e a eficiencia enerxética
Por outra banda, convidou ao sector a traballar coa Administración para mellorar en aspectos como a seguridade e a prevención e tamén se referiu á aposta que se está a facer tanto en materia de rehabilitación como de eficiencia enerxética para construír edificacións máis eficientes.
Axudas para autoconsumo eléctrico
Neste sentido, o Diario Oficial de Galicia (DOG) publica mañá, xoves 16 de maio, a orde de autoconsumo eléctrico destinada a administracións locais, universidades, entidades sen ánimo de lucro e pequenas, medianas e grandes empresas.
En total destínanse 1,5M€ para apoiar proxectos de enerxía fotovoltaica que poderán optar a axudas de entre 10.000 e 50.000 euros por proxecto. O prazo para presentar as solicitudes estará aberto do 20 de maio ao 17 de xuño.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58