Domingo, 21 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Jueves, 16 de Mayo de 2019 Tiempo de lectura:
BAIONA

A Conselleira de Educación visita o CPI de Cova Terreña

O centro é moi activo en diferentes programas educativos

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, visitou onte o CPI de Cova Terreña (Baiona), onde se interesou polo funcionamento neste centro dos diferentes programas nos que está implicado. Non en balde, o centro forma parte do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (PLAMBE) e desenvolve tres liñas dos contratos-programa: a de  Reforzo, orientación e apoio (PROA), que busca mellorar as perspectivas escolares do alumnado con dificultades; a de mellora da competencia matemática e a destinada á mellora da convivencia e promoción da igualdade nos centros.

 

O centro conta ademais desde o curso 2014/15 co proxecto de libro dixital E-Dixgal e participa en varias iniciativas do Plan Proxecta para a promoción do uso da programación como ferramenta para desenvolver as competencias do alumnado (Aprendo programando) o fomento dos hábitos de alimentación saudables (Aliméntate ben), para o coñecemento do clima e meteoroloxía de Galicia (MeteoEscolas) e para o achegamento aos espazos, arquitectura e identidade territorial (Proxecto Terra). Durante o seu percorrido polo CPI, a conselleira estivo acompañada polo delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, e polo alcalde de Baiona, Ángel Manuel Rodal.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.