OIA
Rueda destaca de Cristina Correa: “a alcaldesa axeitada para dar a Oia a estabilidade que precisa”
O presidente provincial, acompañado por Ana Pastor, puxo en valor a un equipo preparado para gobernar e que aúna o talento cunha importante capacidade de traballo
O presidente do PP de Pontevedra, Alfonso Rueda, destacou onte o modelo de xestión de Cristina Correa, baseado na cercanía aos veciños e nos proxectos útiles mantendo as contas saneadas. Deste xeito, definiu a Correa como “a alcaldesa axeitada para dar a Oia a estabilidade que precisa” durante os vindeiros catro anos, chamando a unir o voto en torno a súa candidatura, composta por un equipo de xente “preparada e moi motivada” a fin de obter unha maioría ampla e clara o 26 de maio.
“Cristina é unha persoa nova pero que xa ten experiencia na responsabilidade de goberno, que aúna o talento coa capacidade de traballo e que presenta un proxecto integrador e con propostas para todos”, dixo Rueda durante a súa intervención nun mitin, no que tamén participou Ana Pastor, que serviu de presentación da lista que acompañará a Cristina Correa na súa candidatura á Alcaldía.
Tras destacar a valentía da candidata e do seu equipo “por dar un paso adiante para tentar mellorar a vida dos seus veciños”, o presidente provincial incidiu en que os populares “saen con moita ilusión, con moitas propostas para os concellos e coa intención de gañar” nas eleccións municipais. Nesta liña, apelou a traballar con intensidade e destacou ao PP como un partido unido, traballador e que ten experiencia. “Unha garantía de estabilidade, compromiso e saber facer”.
A candidata á Alcaldía presenta a lista de 17 persoas coa que concorrerá ás eleccións municipais cun programa baseado no urbanismo, o fomento da economía, as melloras fiscais ou a recuperación do patrimonio
Pola súa banda, Cristina Correa indicou que si sae reelexida Oia continuará “na senda do avance en positivo”, con políticas orientadas a axudar aos veciños, a manter o bo clima social e sempre con vocación de servicio. Igualmente, tras agradecer a lealdade e o esforzo do seu equipo, a candidata desgranou algunas das propostas máis importantes do seu programa, entre as que citou o obxectivo de desbloquear o PXOM, o fomento da actividade económica e do emprego, as melloras fiscais, a recuperación do patrimonio, a aposta polo medioambiente e as políticas sociais ou a eficiencia enerxética.
Finalmente, Cristina Correo presentou ás 17 persoas que componen a súa lista de cara ás eleccións do 26 de maio
CANDIDATURA DO PP DE OIA ÁS ELECCIÓNS MUNICIPAIS DO 26 DE MAIO
Cristina Correa Pombal
Augusto Lomba Lorenzo
Francisco Giráldez Gonzalez
José Manuel Rodríguez González
Carmen María Estévez Adrover
Modesto Pereira Treinta
Manuel Fernández Pregal
María Teresa Álvarez Crespo
Dalia González Pulido
Silvia González Alonso
Sidonio Gómez Martínez
Jesús Durán Diego
Manuela Alonso Mariño
Ismael Martínez Domínguez
Carmen Portela Pérez
Jorge González Alonso
Lorena Fernández González

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136