GALICIA
Novo proxecto para recuperar os ecosistemas mariños do Parque Nacional das Illas Atlánticas
Esta semana celebraron a súa primeira reunión de traballo en Carril, na que participaron tamén, entre outros, a Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños, a organización ecoloxista WWF, a Asociación Española de Basuras Marinas e varias empresas do sector turístico que operan no arquipélago
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda volverá colaborar este ano na segunda fase do proxecto Rede para a recuperación dos ecosistemas mariños no Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, unha iniciativa que se enmarca dentro do Programa Pleamar da Fundación Biodiversidad e que promove o Colexio Oficial de Biólogos de Galicia.
O proxecto conta coa participación do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia e pretende darlle continuidade e completar outro impulsado no ano 2017 para conservar a biodiversidade e os ecosistemas do mar na contorna da illa de Sálvora. O que se busca agora é ampliar o ámbito de actuación a outras zonas do espazo protexido, concretamente ás illas de Cortegada e Ons, un obxectivo para o que o Parque Nacional contará como socios promotores co Colexio de Biólogos de Galicia e tamén co Instituto Español de Oceanografía (IEO), entidade que xa colaborou no anterior proxecto e que nesta segunda fase asumirá un maior protagonismo.
Esta semana celebrouse a primeira reunión de traballo do grupo en Carril (Vilagarcía de Arousa), unha xornada que estivo presidida polo director do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia, José Antonio Fernández Bouzas, e que se centrou na loita contra o lixo mariño, propoñendo á súa finalización un listado de iniciativas e solucións prácticas a desenvolver para tentar atallar este problema.
Durante a reunión, Saleta González, do Colexio Oficial de Biólogos, explicou cal é a dinámica de traballo que están levando a cabo neste sentido nos arquipélagos do parque e o experto en lixo mariño do IEO, Jesús Gago, analizou a situación actual e as directrices lexislativas existentes co fin de solucionar este problema.
Así mesmo, representantes da Asociación de Mariscadoras de Carril (Amar Carril) tamén tomaron a palabra durante a reunión para informar aos asistentes dos puntos de xeración de lixo mariño que teñen identificados dentro da contorna do parque nacional, ao tempo que puxeron sobre a mesa as propostas deste sector para mitigar o seu impacto sobre os ecosistemas mariños.
Durante a xornada, que estivo presidida polo director do parque nacional, José Antonio Fernández Bouzas, consensuouse un listado cunha serie de propostas para evitar a xeración de lixo mariño na contorna deste espazo natural
A xuntanza tamén contou coa participación en calidade de invitados de, entre outras entidades, a Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños, a Asociación Tratamento Autismo BATA de Vilagarcía, a organización ecoloxista WWF, a Asociación Española de Basuras Marinas, e varias empresas do sector turístico que operan ou teñen intereses no arquipélago das Illas Atlánticas.
Radiografía previa do lixo mariño en Cortegada
Os representantes do Colexio de Biólogos de Galicia aproveitaron esta primeira xornada de traballo para trasladarlle aos presentes as conclusións do estudo previo que realizaron o ano pasado, co apoio e a colaboración do Parque Nacional, para analizar e caracterizar o lixo mariño da contorna da illa de Cortegada.
A este respecto e segundo a información recompilada a partir dos máis de 2.000 elementos clasificados como lixo nesta zona, Saleta González explicou que os obxectos máis comúns atopados foron cabos, cordas e cordeis de plástico de pequeno tamaño (o 42% do total), seguidos de pezas de plástico non identificables de diferentes lonxitudes (un 31%). Tamén detectaron entre o lixo caracterizado un 6,2% de anacos de poliuretano, un 4,7% de cabichas e outro 4,7% de bastonciños de algodón.
Esta información, segundo explicaron durante a xuntanza, servirá de “radiografía previa” para o traballo de campo a desenvolver nos vindeiros meses no marco da II Rede para a recuperación dos ecosistemas no PNMT das Illas Atlánticas de Galicia e que ademais de seguir afondando no problema do lixo mariño na illa de Cortegada, tamén prevé intervir na contorna de Sálvora.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58