Martes, 21 de Abril de 2026

Actualizada Martes, 21 de Abril de 2026 a las 13:39:05 horas

Xornal21.es
Jueves, 16 de Mayo de 2019 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Alejandro Lorenzo presenta o seu plan de impulso á praza de abastos e o comercio local

Habilitarase unha nova zona de aparcamento con máis de 50 prazas

O candidato dos populares á alcaldía, Alejandro Lorenzo, fixo público onte o seu proxecto de revitalización da Praza de Abastos e do comercio local.

 

"Creo no comercio de proximidade como un elemento fortalecedor da economía local e dinamizador da vila", manifestou Alejandro Lorenzo, "Os nosos comerciantes son parte esencial do tecido empresarial e social do Porriño, contribúen a darlle vida á vila".

 

Con tal motivo, o contrato de Lorenzo cos porriñeses para os próximos catro anos, inclúe un plan estratéxico dirixido a dar un impulso ao comercio local e ao seu centro neurálxico, a Praza de Abastos Municipal.

 

"Unha das miñas apostas para revitalizar a actividade da Praza pasa por dar resposta á que é a gran demanda dos praceiros e usuarios: a falta de aparcamento", continuou o candidato, "Este é un problema que está a limitar a afluencia de xente ao  noso mercado, sobre todo aos veciños e veciñas das parroquias". Lorenzo desenvolveu un proxecto que permitirá habilitar, na contorna da Praza, unha zona con máis de 50 prazas de aparcamento e acceso seguro e directo ás instalacións.

 

O plan dos populares inclúe unha mellora dos accesos e unha nova regulación da zona azul.

 

Asemade, crearase a figura do Conserxe da Praza, que se encargará do mantemento das instalacións, apertura, peche e funcionará de enlace entre praceiros, usuarios e Concello.

 

 

 

 

A Praza de Abastos acollerá a nova Escola de Hostalería Abastos e un Comedor Social

 

 

 

 

A outra gran aposta de Lorenzo pasa pola creación da "Escola de Hostalería Abastos" onde se impartirán gran variedade de cursos e talleres relacionados co mundo da hostalería. O alumnado da Escola utilizará como materia prima para a elaboración dos seus pratos produtos da propia Praza de Abastos.

 

"A iniciativa non só ten un fin formativo senón solidario, pois os pratos elaborados polos estudantes abastecerán un novo comedor solidario, ubicado nas instalacións do mercado municipal, que será xestionado polos Servizos Sociais do Concello do Porriño", apuntou Lorenzo.

 

Os plans dirixidos á revitalizar o comercio local inclúen tamén recuperar os dous días de feira mensuais, algo moi demandado pola veciñanza e implicar á hostalería e ao comercio da vila na dinamización dos festexos.

 

"Traballaremos duros na mellora da competitividade do pequeno comercio"; conluíu Lorenzo, "a posta en valor dos nosos comerciantes é unha das miñas apostas para que podamos vivir O Porriño".

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.8

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.