Miércoles, 04 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Miércoles, 15 de Mayo de 2019 Tiempo de lectura:
MOS

Abel Caballero e David Regades apoian a Victoria Alonso en Mos

A candidata á alcaldía sinala que a vila precisa “un goberno que estea durante toda a lexislatura e non que apareza nas últimas semanas antes das eleccións”

“Mos precisa un goberno que estea durante toda a lexislatura e non que apareza nas últimas semanas antes das eleccións”. Victoria Alonso criticou con estas palabras as continuas ausencias da actual alcaldesa do PP, Nidia Árevalo, á que acosou de levar 10 anos “promesas baleiras” e non atender “as necesidades de Mos”.


“A veciñanza non lle reclama un novo centro comercial”, sinalou a candidata socialista á alcaldía, “senón melloras no alumeado público, humanización das rúas, canalización das augas pluviais ou soterramento do cableado”. “Iso é o que pretendemos facer nós”, comprometeuse Alonso, “cousas que ata o de agora non se están facendo”.


A socialista, que contou co respaldo de Abel Caballero e David Regades, pediu “o respaldo e a confianza” da veciñanza de Mos para demostrar que hai “outra forma de gobernar” e un equipo “novo, con ilusión, con ganas de poñer ideas en marcha” por e para a cidadanía.


“Queremos cumprir coas necesidades da veciñanza”, sostivo Alonso, como por exemplo que o acceso a internet con fibra chegue a toda a vila. “Imos facer realidade este compromiso”, finalizou tras agradecer o apoio brindado tanto pola Deputación que capitanea Carmela Silva, a Zona Franca, ao fronte da que se atopa Regades, e do alcalde de Vigo.


O secretario xeral provincial, pola súa banda, fixo especial fincapé na necesidade de brindar apoio aos sectores económicos de Mos, unha vila que precisa “un pulo para aproveitar a súa situación estratéxica”, preto de Vigo e na saída cara Madrid e Portugal.


“Temos que conseguir que a xente teña oportunidades nas súas vilas”, apuntou Regades. “Garantir empregos dignos é o primeiro paso para dotar de servizos á cidadanía e garantir os seus dereitos”, engadiu. Por iso, o tamén delegado do Goberno na Zona Franca de Vigo se ofreceu a traballar man a man “coa futura alcaldesa”, así como a exercer de interlocutor co Goberno de España.


Tamén Abel Caballero, alcalde de Vigo, quixo apoiar hoxe á candidata socialista á alcaldía, á que desexou “sorte” de cara as próximas eleccións, sinalando que é bo que haxa gobernos que poidan “dialogar e colaborar”.


“Xuntos podemos facer moitas cousas”, apuntou Caballero, que acosou á actual alcaldesa de Mos e ao seu goberno de non estar “ao servizo da súa cidadanía” senón respondendo aos intereses do seu partido.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.108

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.