PONTEAREAS
Esquerda Unida defende un PXOM enfocado na "calidade de vida e non no crecemento"
"A xunta de goberno de Ponteareas pretende aprobar un plan -herdeiro do proxecto de Castro- centrado no crecemento demográfico por riba de consideracións ambientais" segundo EU Ponteareas.
"O PXOM que presentan enmárcase na política de vivenda impulsada por Aznar: esta consideraba que aumentando a oferta de solo edificable o prezo da vivenda se reduciría, e a realidade estoupounos na cara: especulación e desafiuzamentos foron o resultado" explican engadindo que "pretenden aprobar un PXOM, elaborado polo PP e, coa conivencia de BNG, ACiP e PSOE, solicitado ao equipo redactor co máximo crecemento posible. A consecuencia disto, a Xunta de Galicia tivo que intervir para mitigar un afán de expansionismo desenfreado".
Desde Esquerda Unida explican que "e"ste PXOM, pese a redución da previsión de crecemento obrigada pola xunta, contempla a construción de 4518 novas vivendas que, sumadas ás 2288 vivendas baleiras (datos do INE do ano 2011), supoñen un crecemento potencial de máis de 17000 persoas ata o ano 2034.
Ademais aseguran que o " PXOM protexe os intereses dos propietarios de solo entorno ao núcleo urbano, obviando consideracións medio ambientais que sinalan a necesidade de preservar o solo natural e agrícola. Nos últimos cinco anos a poboación de Ponteareas minguou en 555 persoas, o Instituto Nacional de Estadística (INE) prevé que a provincia de Pontevedra terá 34267 persoas menos no ano 2034. Con estes datos, o goberno de Ponteareas considera que a poboación do concello aumentará en máis do 74% nos próximos quince anos".
Esquerda Unida é consciente "da necesidade dun plan xeral, pero mantén a súa postura e non apoiará un plan expansivo e lesivo para o medio ambiente". EU, como organización ecoloxista, defende "a rehabilitación ante a nova construción. No contexto ambiental e económico actual, só cabe propor plans enfocados na rexeneración do tecido existente, os plans expansionistas son un pesadelo do pasado".
Así sinalan que a lei 1/2019, de rehabilitación e de rexeneración e renovación urbanas de Galicia, baséase en que "a rehabilitación e a reutilización dos espazos residenciais abandonados ou degradados, xogan un papel fundamental nas políticas de vivenda como solución eficiente, sustentable e de futuro á hora de dar resposta ás necesidades de vivenda da poboación, de conservar o patrimonio construído e de minorar os impactos no medio."
"Actualmente o casco urbano de Ponteareas presenta un centro histórico abandonado e degradado, a carencia de solo urbano da ordenación provisional vixente debe aproveitarse para focalizar os esforzos na reconstrución do centro histórico. O mellor modo de conservar o patrimonio é mediante o seu uso, dotando ao centro de equipamentos e vivendas eficientes enerxeticamente, nun espazo público de calidade. Esquerda Unida defenderá ante a Xunta que se declare unha área de rexeneración urbana de interese autonómico (Rexurbe) en Ponteareas" explican.
Outras eivas do urbanismo da localidade son, segundo EU, " a falta de solo industrial e os accesos ao núcleo a través de estradas con elevado tránsito peonil. Mentres non se axuste o PXOM á realidade demográfica e económica de Ponteareas, estes problemas deben solucionarse mediante tres plans especiais: plan de dinamización das áreas de rexeneración urbana, plan especial para o polígono da Lomba e plan especial para o acceso rodado ao núcleo urbano. Estes plans son instrumentos necesarios a maiores da aprobación do plan xeral, polo que impulsándoos estaremos adiantando as solucións aos problemas reais da vila".

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163