GALICIA
A Xunta aumenta un 5% o número de prazas públicas en escolas infantís
Destínanse máis de 3,4 millóns de euros en ofertar ás familias 2.849 prazas de 0 a 3 anos en 49 centros distribuídos por toda a xeografía galega
A Consellería de Política Social aumenta o vindeiro curso escolar 2019/2020 nun 5% o número de prazas públicas en escolas infantís dependentes de Entidades Privadas de Iniciativa Social (EPIS), ata acadar as 2.849 en toda Galicia. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica a listaxe dos 49 centros que se beneficiarán das axudas autonómicas dirixidas a apoiar a súa actividade, dous máis que na anterior convocatoria.
Deste xeito, a Xunta consolida a oferta de prazas de 0 a 3 anos que pon a disposición das familias galegas en centros de iniciativa social, as cales teñen os mesmos prezos en atención educativa que as escolas que forman parte da rede autonómica da Galiña Azul. O crédito total das achegas supera os 3,4 millóns de euros, e están dirixidas a subvencionar gastos de persoal, de alimentación e outros xerais de mantemento destes recursos.
O Diario Oficial de Galicia (DOG) de hoxe publica a listaxe de centros que recibirán subvención para financiar gastos de persoal, de alimentación e xerais de mantemento
A contía da axuda que percibe cada centro varía en función do número de unidades que ten en servizo e de se prestan servizo de comedor. Ao igual que en anteriores convocatorias, concederase un anticipo do 80% da cantidade subvencionada para garantir a liquidez da entidade beneficiaria e tamén se permite xustificar a axuda mediante módulos, o que simplifica e axiliza o trámite.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58