Sábado, 14 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Jueves, 16 de Mayo de 2019 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Pontevedra e Valencia únense no museo da prehistoria para enxalzar a cultura galaica

Coa proposta “Galaicos e íberos, dous pobos entre dous mares” e cos Centros Galegos da Comunitat ambas deputacións darán a coñecer este sábado a importancia das súas culturas

O Museo da Prehistoria de Valencia, no Centre Cultural da Beneficencia, acollerá este sábado “Galaicos e íberos, dous pobos entre dous mares”, unha pioneira iniciativa que unirá ao Atlántico e ao Mediterráneo cunha programación especial para celebrar o Día Internacional e a Noite Europea dos Museos. Así, as Deputacións de Valencia e Pontevedra, xunto aos Centros Galegos da Comunitat, danse a man nun evento no que a cultura galaica e a gastronomía da provincia de Pontevedra será protagonista, despois da alta interese que está a espertar a mostra “Galaicos: un pobo entre dous mundos” que se exhibe no Museo Valenciano dende finais de marzo.

 

O deputado de Turismo da Deputación de Pontevedra, Santos Héctor Rodríguez, desprazarase o sábado ata Valencia para participar nesta efeméride. Deste xeito, o pistoletazo de saída da programación arrancará ás 11.00 no Museo da Prehistoria coa visita á exposición “Galaicos, un pobo entre dous mundos” da man dunha persoa especializada en arqueoloxía. Unha hora despois e no mesmo lugar desenvolverase o obradoiro didáctico “Entrelazando culturas” no que se dará a coñecer a cultura galaica a través da súa xoiería.  Posteriormente terá lugar a visita “friendly museum” á carta a través dunha aplicación inclusiva á sala permanente do mundo romano do Museo da Preshistoria de Valencia.

 

Xa pola noite, a partir das 21.30 abriranse as portas do Museo onde se desenvolverán diferentes actividades, visitas e obradoiros para dar a coñecer a cultura galaica e íbera. En concreto, de 22.00 a 1.30 horas e cada 15 minutos haberá visitas descubrimento a “Galaicos e iberos, dous pobos entre dous mares”, onde distintos personaxes descubrirán as similitudes e diferencias entre ambas culturas. Tamén de 22.00 a 1.30 horas no marco da actividade “Entrelazando culturas e gastronomía galaica” darase a coñecer a nosa cultura a través da xoiería e da alimentación. E, de 22 a 23.30 terá lugar a mostra enogastronómica “Fame de experiencias”, no marco da campaña promocional do destino provincia de Pontevedra que desenvolve a Deputación neste 2019 e que consistirá na degustación de produtos galegos acompañada de animación musical.

 

 

 

 

A programación comezará ás 11.00 horas e estenderase ata a madrugada nun evento que amais da cultura galaica amosará a gastronomía da provincia con “Fame de experiencias”

 

 

 

 

“Galaicos: un pobo entre dous mundos”
A mostra itinerante da Deputación de Pontevedra “Galaicos: un pobo entre dous mundos” poderá visitarse no Museo da Prehistoria de Valencia ata comezos de setembro. Nela, amósase o nexo de unión e de confluencia cultural entre dous mundos, o Atlántico e o Mediterráneo, e para elo combina materiais didácticos e explicativos con obxectos orixinais, réplicas, imaxes, ilustracións, textos e recursos audiovisuais.

 

“Galaicos: un pobo entre dous mundos” xurde como resultado do programa integral que está a desenvolver a Deputación de Pontevedra para poñer en valor os xacementos galaico romanos da provincia. Tralo seu paso por Madrid, onde foi visitada por 18.000 persoas, en Valencia está a espallar o patrimonio arqueolóxico e cultural da provincia e amosar os cambios e continuidades que se produciron durante máis de 2.000 anos de historia. Amais, a través da mostra estanse a ofrecer as claves de interpretación dos xacementos escavados nos últimos anos e a estimular a visita á provincia de Pontevedra no marco de ofertas de turismo cultural e arqueolóxico.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.