Sábado, 14 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Viernes, 17 de Mayo de 2019 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Axentes de viaxes dos Estados Unidos visitan as Rías Baixas

A Consellería de Cultura e Turismo organiza esta viaxe de prospección para amosar as oportunidades turísticas que ofrece a Comunidade a este mercado

Un grupo de representantes de diferentes operadores turísticos norteamericanos están a realizar durante estes días unha viaxe de prospección en Galicia da man da Consellería de Cultura e Turismo para amosarlles as oportunidades turísticas que ofrece a Comunidade galega a este mercado incluíndo, no seu percorrido, unha parada polas Rías Baixas.

 

Trátase de profesionais das compañías Andrew Harper Travel, World Encounters Ltd, Froch Travel e Blueprint Tours, procedentes da área de Chicago, que, durante a súa visita coñecen a experiencia turística da Ruta da Camelia con visitas aos pazos e os xardíns de Oca e Santa Cruz de Ribadulla. Tamén se incluirán visitas a Cambados e ao Grove para facer unha travesía pola Ría de Arousa e coñecer o cultivo do marisco; así como Vilagarcía de Arousa. O seu percorrido inclúe, ademais, visitas a Combarro, á cidade de Pontevedra, A Guarda, onde visitan o o Monte de Santa Trega. Na súa estadía no sur da provincia de Pontevedra, fan un treito do Camiño Portugués da Costa e visitarán a vila de Baiona.

 

 

 

 

En 2018 visitáronnos máis de 110.000 norteamericanos e percorreron o Camiño de Santiago un 11% máis de peregrinos

 

 

 

 

A viaxe a Galicia completarase polas provincias de A Coruña, incluíndo a cidade de Santiago de Compostela; as de Ourense e Lugo, coñecendo o pasado romano da cidade de Lugo, así como a comarca do Ribeiro e a Ribeira Sacra, entre outras.

 

Demanda turística
Polo que respecta á demanda turística, ao longo de 2018, mais de 110.000 norteamericanos visitaron Galicia e aloxáronse en establecementos hoteleiros da Comunidade, representando o 8% do turismo estranxeiro, segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística.

 

En canto ao Camiño de Santiago, o ano pasado foron máis de 18.000 os norteamericanos que recibiron a Compostela, situándose como o terceiro país estranxeiro con máis peregrinos, segundo as cifras da Oficina do Peregrino. Este 2019, xa fixeron o Ruta Xacobea preto de 3.000 estadounidenses, un 11% que no mesmo período do ano anterior.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.167

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.