Ponteareas
Chus Garrote propón bonificacións do IBI á primeira vivenda
A candidata socialista á alcaldía de Ponteareas e actual Tenente de Alcalde, Chus Garrote, vén de anunciar ante un auditorio ateigado no seu acto central en Ponteareas, unha bonificación do Impostos sobre Bens Inmobles (IBI), para estimular o crecemento de Ponteareas.
Garrote explica que esta proposta está enmarcada dentro do plan para o seu modelo de cidade. “Ponteareas a igual que Galicia ten unha poboación avellentada, por iso temos que impulsar fórmulas para a atracción de nova poboación e inversión que permita un crecemento sustentable”.
As bonificacións do IBI estarán dirixidas, explica Garrote, á compra da primeira vivenda, así mesmo Garrote considera que é importante darlle unha saída ás vivendas en estado de abandono ou semi-abandono, polo que tamén pretende estendelas a aqueles cidadáns que invistan na recuperación de vivenda antiga e aos veciños que aposten polas enerxías renovables.
Así mesmo, a candidata socialista agradeceu publicamente ao goberno de Pedro Sánchez a inmediata licitación da redacción obras de seguridade na N-120 tralas eleccións coa súa publicación no BOE. “O PSOE é un partido de goberno no que se pode confiar” afirmaba Garrote.
Pola súa banda, a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, loubou a gran labor realizada por Garrote e as concelleiras e concelleiros socialistas durante estes catro anos de mandato. “As veciñas e veciños puideron ver que hai outra forma de gobernar”, afirmou a presidenta da institución provincial, “caracterizada pola proximidade, a capacidade de escoita, a boa xestión económica e a dun proxecto de futuro para Ponteareas”.
Silva sinalou que nestas catro anos de mandato das e dos socialistas melloraron Ponteareas “a pesar de que o PP se comportou como a oposición da confrontación, poñendo todos os freos que puido á acción de goberno, cómplice coa Xunta de Feijóo apoiando o abandono por parte da administración autonómica”.
“Agora que estamos ante unhas novas eleccións municipais é a hora de volver dicir non a un PP que é o pasado, que non é capaz de liderar o proxecto que necesita Ponteareas”, continuou Silva. “É a hora de apostar pola candidatura que lidera Chus e apoiar que se poida seguir cun proxecto que consolide o traballo de 4 anos”.
A presidenta da Deputación tamén lembrou a importancia da administración que dirixe, e mostrouse segura de que a partir do 26 de maio as e os socialistas “imos volver gobernar” o ente provincial “porque a xente entendeu que desde a política pódese mellorar a economía e a vida das persoas, porque se acabou co clientelismo e o caciquismo e porque se abriron as portas e as ventás”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163