Ponteareas
Esquerda Unida lamenta a utilización “engañosa” do PXOM por parte do goberno
Esquerda Unida de Ponteareas asegura que o PXOM "non podería de ningún xeito ser aprobado neste mandato por non estar aínda entregado o documento con todas as modificacións, nin contar co necesario estudo económico, nin cos informes da oficina técnica, intervención nin secretaría, algo que saben perfectamente os partidos da Xunta de Goberno".
Así mesmo dende a organización de esquerda, denuncian que "se están a levar a cabo presións aos técnicos municipais para que realicen informes sen tempo suficiente para estudar as modificacións do documento".
Todo isto leva a que a polémica destes días sobre a aprobación ou non do PXOM "non é máis que unha manobra exclusivamente electoral, froito do nerviosismo do tripartito ante a inminencia das eleccións municipais do 26 de maio. Esquerda Unida lamenta a utilización retorcida por parte destes partidos, de cuestións que son demasiado serias para tratalas de xeito tan irresponsable".
Tal e como explicou o concelleiro de Esquerda Unida, Lino Costas, no acto celebrado o pasado venres: “Este Plan Xeral que saíu outra vez estes días á palestra, naceu cun erro de orixe: cando se elaborou, e isto dito polo propio responsable de redacción do plan, o que se pediu por parte de todos os partidos que estaban daquela na corporación municipal: PP, PSOE, BNG e ACiP, foi que se contemplara a máxima edificación posible. Por iso traballouse cunhas expectativas de crecemento totalmente irreais. Venderon fume á veciñanza ata tal punto de que despois a Xunta, que non se pode dicir que quen a goberna sexa un modelo de sensibilidade ambiental, obrigoulles a recortar as previsións de edificabilidade. Na liña do que defendíamos dende EU, si, pero mantendo o carácter de un plan enfocado unicamente á nova construción nun concello con máis de 2000 vivendas baleiras e con poboación en decrecemento”.
Esquerda Unida lembra que "dende un primeiro momento posicionouse en contra deste PXOM -fronte ao resto da corporación- por ser ambiental e economicamente insostible. Un plan xeral enfocado na nova construción, e feito para favorecer aos grandes propietarios de terreos e empresarios que realizan obras ilegais".

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163