Lunes, 19 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Domingo, 19 de Mayo de 2019 Tiempo de lectura:
Gondomar

Carmela Silva e Paco Ferreira explican en Gondomar o "proxecto socialista"

A presidenta da Deputación, Carmela Silva, desprazouse o sábado ata Gondomar para manter un encontro co candidato á reelección, Paco Ferreira, e integrantes da lista. “O cambio en Gondomar é rotundo”, afirmou Silva. “Hoxe Gondomar é un pobo con espazos públicos para desfrute da xente. Non hai quen recoñeza a Gondomar, é unha vila da que sentirse moi orgullosas e orgullos”, explicou.

 

Silva defendeu que estes catro anos “foron os mellores da historia de Gondomar”, subliñando a aposta “pola cultura, polo deporte, pola defensa do monte, polo medio ambiente e a igualdade”. “Estou segura de que Paco Ferreira vai ter uns extraordinario resultados e que estes próximos catro anos aínda van facer máis grande a Gondomar”, apuntou.

 

A presidenta da Deputación mostrouse tamén “feliz” polo papel activo do goberno provincial na transformación da vila, e asegurou que nos próximos catro anos “vou seguir apostando ao lado do alcalde por Gondomar”.

 

Durante a visita pola vila o alcalde e candidato á reelección mostroulle a Silva os avances feitos na humanización das vilas, remarcando, ao igual que a presidenta, o grande cambio sufrido pola vila gracias ao apoio da Deputación.

 

Do mesmo xeito, Ferreira tamén puxo sobre a mesa algúns dos proxectos de cara a próxima lexislatura, no que pretende ampliar as zonas humanizadas para que se estendan polo centro da vila, chegando así a máis veciñas e veciños e ampliando o espazo para a convivencia.

 

Ao principio da visita Silva e Ferreira contaron coa presencia de Juan González, alcalde de Nigrán e candidato á reelección, e xuntos acercáronse ata as IV Xornadas Apícolas que teñen lugar durante esta fin de semana en Gondomar.

 

Trátase dun evento que celebran entre os tres concellos do Val Miñor, e que, en palabras de González, trátase dunha feira na que os produtores “non só veñen a expoñer os seus produtos, senón que tamén se celebran charlas e coloquios”, e que cada ano conta con participantes de máis lugares.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.