SALCEDA DE CASELAS
Inspección de traballo multa ó Concello de Salceda por unha infracción “Grave”
Os traballadores anuncia que chegarán outras sancións nos vindeiros meses, por "temas incluso máis graves coma son a seguridade e a saúde laboral dos empregados municipais, e das que xa hai expedientes abertos e con advertencias explícitas”.
Os responsables sindicais do Concello de Salceda de Caselas veñen de emitir un comunicado no que aseguran que “ a Inspección Provincial de Traballo, acaba de concluír un procedemento despois de numerosas actas de advertencia, e así no expediente con número 2017/0085-4, considera unha infracción tipificada como ‘GRAVE’ a actuación do Concello de Salceda de Caselas, impondo unha multa de 3.125 €, como paso previo a outras que chegarán nos vindeiros meses, por temas incluso máis graves coma son a seguridade e a saúde laboral dos empregados municipais, e das que xa hai expedientes abertos e con advertencias explícitas”.
Todo surxe, segundo os sindicatos que representan aos traballadores “a raíz dunha Inspección Laboral practicada no ano 2011, onde se advertiu que o Concello de Salceda de Caselas tiña a toda a súa plantilla laboral nunha situación de ‘ilegalidade’ por incumprir o Estatuto dos Traballadores, o Real Decreto 2720/1998 de 20 de decembro en materia de contratación laboral e demais lexislación vixente, produciuse unha nova Inspección a instancias dos Sindicatos no ano 2013. Pois ben en ambos expedientes laborais, se instaba a parte empregadora ‘Concello de Salceda’ a regularizar a situación dos seus 18 traballadores laborais da plantilla, dando un prazo razoable de tempo para o seu cumprimento”.
A partires de ese feito os sindicatos explicanque “ o concelleiro de persoal nese momento, a parte de citar aos sindicatos a varias mesas de negociación durante o ano 2013, para negociar un borrador de Convenio Colectivo de 29 páxinas que “Non lle deu tempo a ler” (palabras textuais), tamén nos comentaba en ‘petit comité’ que para resolver a situación e que a Inspección de Traballo estivese tranquila, tiñan que ir todos os traballadores aos xulgados, iso si, pagando eles os avogados e o resto do procedemento”.
Un tempo máis tarde xa nesta lexislatura, explican que “comezan os procedementos xudiciais para regularizar a situación de ‘fraude de Lei’ que tiñan todos e cada un dos traballadores e traballadoras deste concello (algúns deles con máis de 25 anos de servizo), e resulta que o Sr. Alcalde sae a prensa dicindo que ‘suspende’ toda a negociación cos representantes sindicais, pois están ‘xudicializando a negociación colectiva’”.
Pero os representantes sindicais sin que “o tempo pon a cada un no seu lugar, e a Inspección Provincial de Traballo, acaba de concluír dito procedemento despois de numerosas actas de advertencia, e así no expediente con número 2017/0085-4, considera unha infracción tipificada como GRAVE a actuación do Concello de Salceda de Caselas neste tema, impondo unha multa de 3.125 €, como paso previo a outras que chegarán nos vindeiros meses, por temas incluso máis graves coma son a seguridade e a saúde laboral dos empregados municipais, e das que xa hai expedientes abertos e con advertencias explícitas”.
Por último sinalan que a todo isto “hai que sumar tres novas sentencias favorables a varios traballadores no último trimestre, cun custo aproximado para o concello de 75.000 €”

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.108