Viernes, 13 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Miércoles, 22 de Mayo de 2019 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Campaña de sensibilización "Experiencias Sostibles" para a redución do uso de plásticos

"Experiencias Sostibles" é a segunda edición da acción da institución provincial a prol da concienciación da contaminación polo uso de plásticos e de aliñamento cos ODS

A presidenta da Deputación de Pontevedra vén de anunciar a nova campaña de sensibilización "Experiencias Sostibles", a segunda edición da acción da institución provincial a prol da concienciación da contaminación polo uso de plásticos e de aliñamento cos obxectivos de desenvolvemento sostible (ODS), en concreto co obxectivo 13 de Acción polo Clima. "O noso obxectivo é seguir avanzando para ser unha provincia sostible, unha referencia", destacou Silva, e engadiu "eu non coñezo ningunha outra administración en Galicia que vaia facer unha campaña tan potente contra os plásticos".

 

A presidenta da Deputación informou de que "Experiencias Sostibles" levarase a cabo con 20 accións en todos aqueles eventos e escenarios que concitan a asistencia de público. Así, terá lugar nos 7 festivais da provincia, nas 10 praias de maior afluencia e nas rúas máis transitadas de Vigo, Pontevedra e Vilagarcía de Arousa entre os meses de xuño e outubro. Neste eido, Silva explicou que estarán presentes cun stand informativo no que repartirán información por parte de monitores ambientais sobre os efectos dos plásticos nos espazos costeiros e fluviais, e que neles tamén se proporcionarán imáns informativos sobre os riscos para a saúde dos diferentes plásticos que forman parte da vida diaria, "abordando así unha nova vertente, a da saúde".

 

Amais, con esta iniciativa vaise propoñer ás persoas a substitución das bolsas que se usan habitualmente por bolsas de tela reutilizables e, pola súa banda, tamén haberá materiais dispoñibles para aqueles eventos turísticos realizados por asociacións sen ánimo de lucro co reparto de 50.000 vasos compostables e seguros para  a saúde coa catalogación de PLA 7, que son plásticos biodegradables elaborados a partir de plantas.

 

 

 

 

Carmela Silva: "Non coñezo ningunha outra administración en Galicia que vaia facer unha campaña tan potente contra os plásticos"

 

 

 

 

Silva fixo fincapé en que "unha provincia como a nosa, con 4.495 km2 de costa, fonte de emprego de moitas persoas, debe ter entre as súas prioridades o coidado e a sustentabilidade deste recurso natural tan privilexiado" e subliñou que "unha das grandes ameazas que temos por diante é a contaminación de plásticos e o custe que ten tanto para o sector do mar, como para os concellos costeiros, e como para o futuro do planeta". Amais, a recente aprobación da Directiva Europea, que retira os plásticos de usar e tirar como as palliñas de beber, os bastóns de aseo persoal e os materiais de pícnic a partir do ano 2021, fai que dende a administración local "queiramos sumarnos a preparar a sociedade no cumprimento desta directiva".

 

Por último, a presidenta da institución provincial lembrou que coa campaña do ano pasado, "Somos historias, somos sostibles", na que achegaron á xente ecocabichas fabricadas con cartón ecolóxico e reciclable, chegaron a 25.000 persoas de forma directa e que "este ano agardamos ampliar o impacto". Entre o 80 e o 85% dos residuos mariños atopados nas augas europeas son plásticos, isto supón máis de 500.000 toneladas que están a causar graves danos na fauna mariña, "polo tanto todas as administracións debemos ser máis activas fronte a este gran reto de reducir o uso de plástico e de garantir espazos máis saudables", concluíu Silva.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.218

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.