Miércoles, 22 de Abril de 2026

Actualizada Martes, 21 de Abril de 2026 a las 23:16:17 horas

Redacción / Xornal21.es
Martes, 21 de Mayo de 2019 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

“Corto e Cambio” as 10 pezas audiovisuais elaboradas polo alumnado dos IES do Porriño,

O  programa “Corto e Cambio” organizado pola OMIX céntrase prevención do consumo de tabaco, alcol e drogas entre adolescentes, no que participaron uns 120 mozos e mozas promovido polo Concello de Porriño e organizado pola OMIX. Os mozos e mozas elaboraron distintas pezas audiovisuais para sensibilizar sobre esta problemática ao resto de compañeiros e a cidadanía en xeral.


En total presentaranse 10 pezas audiovisuais, entre curtas de ficción, documentais e spots pensados, dirixidos, protagonizados e gravados por alumnos e alumnas dos IES Pino Manso e Ribeira do Louro en moitos casos cos seus propios teléfonos móbiles.


Esta actividade forma parte do programa “Corto e cambio” organizado pola Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello do Porriño que ten solicitada unha subvención a Xunta de Galicia, e pretende sensibilizar sobre as consecuencias físicas, psíquicas e sociais derivadas do consumo deste tipo de sustancias.
Así durante varias semanas os alumnos/as participantes contaron co apoio dunha psicóloga para traballar os contidos mais teóricos e dun titulado en comunicación audiovisual para apoiar na parte técnica de todo o que rodea a elaboración das pezas audiovisuais.


Segundo informa Noelia de la Fuente, responsable da OMIX, “o traballo baseouse na utilización doutros recursos audiovisuais realizados por mozos e mozas de idades similares as súas, de xeito que lles fose máis doado empatizar e implicarse na elaboración de novas pezas audiovisuais que axudasen aos seus compañeiros/as a identificar os riscos físicos e psíquicos para a saúde derivados do consumo deste tipo de sustancias, a analizar a presión grupal como factor favorecedor do inicio no consumo, a desmontar tópicos e mitos existentes respecto ao consumo e adquirir coñecementos e pautas de actuación para a redución de riscos”.


O resultado destes traballos audiovisuais poderá verse en estrea este martes pola tarde ás 16:15 horas no Centro Cultural Municipal e estará dispoñible tamén na web municipal e nas redes sociais a partir desta data.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.8

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.