SALCEDA DE CASELAS
Regades comprométese con Tourón a que a Zona Franca colabore na regularización do Polígono do Cerquido
O secretario xeral provincial e delegado do Goberno na Zona Franca de Vigo mantivo un encontro coa candidata socialista á alcaldía de Salceda de Caselas
O secretario xeral provincial, David Regades, mantivo un encontro esta semana con Verónica Tourón, candidata á alcaldía en Salceda de Caselas. No mesmo, Tourón puxo sobre a mesa a necesidade de acabar coa situación do polígono do Cerquido, que nos últimos anos medrou sen ningún tipo de control, de forma “espontánea” ante a necesidade “de chan industrial” na vila.
“Hai que dotar a esta zona dos servizos necesarios para que as empresas poidan traballar e convertela nun polígono industrial”, sinalou a candidata á alcaldía. Esta actuación é necesaria para darlle ás empresas “seguridade xurídica” e que poidan “traballar e xerar emprego”.
Tourón destacou que regularizar esta zona, na que se asentan empresa importantes como Playdesa ou Granilouro e dá emprego a veciñas e veciños de Salceda, permitirá tamén que outras novas se asenten, “sobre todo pequenas empresas que están esperando dunha parcela de terreo industrial”.
Pola súa banda, Regades, nomeado polo Goberno delegado da Zona Franca de Vigo, sinalou a necesidade de elaborar un convenio “para desenvolver o plan parcial cando o Concello o aprobe para ter unha colaboración directa” entre ambas administracións.
“Está claro que nestes momentos hai moita demanda de chan industrial”, explicou o máximo dirixente socialista na provincia, “moitas empresas que se queren establecer e outras que queren ampliar as súas instalacións, e iso é xeración de emprego”.
Para Regades, o apoio ás empresas para crear emprego “é esencial”. “Hai que regular este espazo para que poida crear riqueza e distribuíla”, apostou, engadindo que xerar postos de traballo para as veciñas e veciños de Salceda é a mellor maneira de facelo.
Ademais, o secretario xeral mostrouse seguro de que o próximo 26 de maio Tourón obterá uns magníficos resultados en Salceda. “Todos os datos demoscópicos nos din que imos subir moito neste concello”, dixo. “Non teño dúbidas de que ese gran resultado vai levar a Verónica a ser alcaldesa, e esa é a mellor opción”, valorou, pois ten do seu lado o apoio da Deputación, da Zona Franca e da área metropolitana de Vigo “para a conciliación e colaboración” en materias como o transporte, as comunicacións ou a economía.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.108