Miércoles, 22 de Abril de 2026

Actualizada Miércoles, 22 de Abril de 2026 a las 09:45:57 horas

Xornal21.es
Jueves, 23 de Mayo de 2019 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O BNG porá en valor as ribeiras do Louro con piscinas ao aire libre

“Temos que promocionar e poñer en valor os nosos recursos ambientais e naturais”, subliñou Pedro Pereira, candidato á Alcaldía do Porriño

No ano 2007 o goberno do BNG impulsou a recuperación das beiras do río Louro cun plan de emprego dirixido a mulleres en exclusión social, que durante meses desbrozaron e limparon a maleza que ocultaba totalmente o río.


Dende o BNG queremos seguir apostando por abrir o río para as persoas, é preciso seguir avanzando, tanto en espazo como en infraestruturas. Esta zona está cualificada como zona verde e de usos dotacionais. Temos que promocionar e poñer en valor os nosos recursos ambientais e naturais.


Queremos continuar con este proxecto mellorando o acceso desde a rotonda de Terrazos Riego, creando un espazo para aparcamento, construíndo piscinas ao aire libre e pistas deportivas multidisciplinares.


O traslado de Frigolouro é chave para poder avanzar na transformación deste entorno, o que nos permitiría desenvolver outros proxectos para ampliar espazos públicos na mellora da calidade de vida da veciñanza.


É necesario diminuír o impacto acústico que provoca a autovía Vigo Tui coa demanda ao Ministerio de Fomento de pantallas acústicas; e atender as demandas da veciñanza na dotación de servizos de auga potable, alumeado e  máis bancos e papeleiras.


Para que este obxectivo sexa unha realidade a curto prazo, hai que iniciar sen demora a compra de parcelas no entorno do río Louro, como xa propuxemos nos orzamentos do 2018.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.8

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.