MOS
O Concello de Mos sinala que a "denuncia pola nave de Miraflores conta con 4 sentencias a favor"
Ademais constan actuacións informativas de arquivo de denuncia da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ao tratarse dun solo rústico, entendendo que non se aprecia a existencia de infracción en materia urbanística
Ante a publicación o pasado sábado 18 de maio nun medio de comunicación da nova de que "a Fiscalía denunciaba ao Concello de Mos por presunta actividade ilegal da nave da compañía Miraflores", tras "a denuncia de Manuel Rodríguez Alonso", dende a administración local mosense aclárase que en relación a esta mesma nave "o Contencioso xa fallou en ata catro ocasións a favor do Concello mediante inadmisión dos dous recursos interpostos por Rodríguez; e a Fiscalía decretou o arquivo de outras dúas denuncias de Manuel Rodíguez relativas á nave de Miraflores e ao Plan Xeral de Ordenación Municipal mosense" sinalan dende o concello.
Ademais fontes do Concello aseguran que "constan actuacións informativas con acordo de data de 1 de xuño de 2018 de arquivo de denuncia, da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística da Xunta de Galicia (APLU) como órgano competente ao tratarse dun solo rústico, entendendo que non se aprecia a existencia de infracción en materia urbanística".
"Respecto doutra das recurrentes denuncias de Rodríguez, a nave de RUBE, o Contencioso fallou tamén outras dúas sentencias a favor do Concello; e no outro obxecto de denuncias por parte de Manuel Rodríguez, a Casa Reitoral de Petelos, a Fiscalía decretou tamén o arquivo" explican.
"En resumo, as denuncias deste denunciante en cuestión, vala a redundancia, contan xa cun total de 3 arquivos e 6 sentencias a favor do Concello de Mos" sinalan.
Arquivo de denuncia de GañaMos
Por outra banda dende a administración local mosense infórmase de que "a Fiscalía da Área de Vigo, e a súa Fiscal Xefe, Susana García-Baquero Borrell, ven de dictar tamén o decreto de arquivo da denuncia interposta por GañaMos por vulneración dos dereitos fundamentais e negación de acceso a información".
No escrito remitido pola Fiscalía ao Concello de Mos especifícase que “se procede ao arquivo ao non acreditarse que os feitos denunciados revistan caracteres de delito”. Ademais de que “non consta ningún decreto denegando a documentación solicitada” e que no caso de determinados informes reclamados, nin sequera existen; “polo que non se observa delito algún descartándose a posible concurrencia de un delito”.
“Así as cousas, non se infire en comisión de ilícito algún e nin sequera vulneración de dereitos fundamentais do partido na oposición, constando polo contrario que se cumpliron e garantiron ditos dereitos, o cal constitúe a base do Estado democrático de dereito. Polo tanto procede decretar o arquivo”, conclúe a Fiscalía segundo sinalan dende o Concello de Mos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.108