GALICIA
Medio Ambiente e Mar analizan a futura Lei de Pesca e as actividades de carácter etnográfico
As directoras xerais de Patrimonio Natural, Belén do Campo, e de Pesca, Mercedes Rodríguez, mantiveron esta semana unha reunión para intercambiar opinións sobre as principais novidades da norma, actualmente en fase de información pública
A directora xeral de patrimonio Natural, Belén do Campo, e a directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Mercedes Rodríguez, mantiveron esta semana unha reunión para analizar o contido e as principais novidades da futura Lei de Pesca Continental de Galicia, que virá actualizar e substituír o actual marco normativo, con máis de 25 anos de vixencia.
Esta xuntanza enmárcase dentro da rolda de contactos iniciada pola Consellería de Medio Ambiente para presentarlle de primeira man a lei aos diferentes colectivos, entidades e organismos públicos relacionados co sector da pesca en augas continentais. Neste sentido, cómpre precisar que en determinadas zonas de Galicia pode haber dúbidas acerca de a quen pertence a competencia reguladora sobre a pesca, en función da propia tipoloxía das súas augas. Por iso, as dúas directoras amosáronse satisfeitas porque a nova lei recolla, defina e clarifique o concepto de augas continentais así como os seus límites.
Así mesmo, do Campo explicoulle á súa homóloga de Pesca que a normativa presta unha atención especial á protección dos ríos galegos e á conservación das actividades de pesca tradicionais propias dalgúns tramos ou zonas de Galicia. Neste sentido, salientou como unha das principais novidades que se introduce un artigo dedicado á regulación de determinadas prácticas de pesca continental de carácter etnográfico, como as que se desenvolven nas pesqueiras do río Ulla e do Tea no caso da lamprea, co obxectivo de protexelas e evitar a súa posible desaparición.
Consultas para enriquecer o texto
Cómpre lembrar que o anteproxecto da Lei de Pesca Continental de Galicia está nestes momentos en proceso de información pública, un trámite que, ao igual que o de consulta aos sectores directamente afectados pola lei, prolongarase ata comezos do mes de xuño.
Paralelamente, Belén do Campo ten previsto continuar nas próximas semanas con estas reunións informativas, que buscan seguir enriquecendo o documento coas achegas dos diferentes colectivos implicados en Galicia no sector da pesca continental. O obxectivo da Xunta é que o proxecto definitivo se poida remitir antes de que remate o ano ao Parlamento para a súa posterior tramitación e aprobación.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.151