Sábado, 11 de Abril de 2026

Actualizada Viernes, 10 de Abril de 2026 a las 20:07:06 horas

Xornal21.es
Jueves, 23 de Mayo de 2019 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

EU aclara que as indemnizacións non teñen relación co feito de non aprobarse o PXOM en maio

"Ante as terxiversadas informacións dadas pola Xunta de Goberno de Ponteareas", Esquerda Unida aclara "que as indemnizacións que ten que pagar o Concello a distintos propietarios debido ás cláusulas de convenios urbanísticos non teñen relación co feito de que se aprobara ou non no pleno do mes de maio o PXOM de Ponteareas".

 

"En relación á cantidade debida á mercantil propietaria dos terreos onde se sitúa o parque Ferro-Ucha, que ascende a 62.967,74€ segundo o informe de intervención, esta debería pagarse independentemente da aprobación do PXOM no pleno de maio. O feito é que esta cantidade corresponde á indemnización á que se comprometeu o Concello se o PXOM non se aprobaba no ano 2016. De feito, a mercantil leva reclamando desde o 2017 ao Concello de Ponteareas a cantidade de 2000€ mensuais por incumprimento do convenio asinado entre o Concello e a propietaria dos terreos. Este convenio contemplaba que a cambio da cesión de parte da parcela se recalificara outra para o seu aproveitamento lucrativo. Ademais, este convenio foi aprobado no seu momento, no ano 2012, por todos os grupos que estaban daquela na corporación municipal: PP, PSOE, ACiP e BNG" sinalan.

 

Por outra banda, explican, "o Concello de Ponteareas, a través da páxina web, anuncia agora que o concello ten que pagar 180.000€ aos propietarios dos terreos onde está situado o ximnasio do IES Pedra da Auga, tamén como consecuencia dun convenio urbanístico asinado no 2005 sendo alcalde González Solla. Esquerda Unida descoñece neste momento o alcance deste suposto convenio, xa que o Concello non compartiu con este grupo ningunha información ao respecto. Polo tanto entende que a actual Xunta de Goberno está a ocultar información que logo manipula na súa conveniencia".

 

Esquerda Unida lembra que "estes pagos son consecuencia das políticas practicadas por PP, PSOE, ACIP e BNG e que de ningún xeito se pode condicionar a política municipal a intereses privados. Non se pode facer política a base de deber favores aos propietarios de terreos".

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.