Jueves, 05 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Viernes, 24 de Mayo de 2019 Tiempo de lectura:
MOS

Arévalo comprométese a ampliar o Paseo do Louro en 3,5 quilómetros, ata O Porriño

A candidata á alcaldía de Mos polo Partido Popular, Nidia Arévalo, anunciou  a ampliación do Paseo do Louro ata O Porriño. A actuación prevé continuar o paseo 3,5 quilómetros máis para chegar aos 7,5 quilómetros. O paseo conta na actualidade con 4 quilómetros, 3 deles discorren xa entre o camiño das Lagoas e o camiño de Noveleda e un quilómetro máis está xa proxectado e pendiente de execución (entre Noveleda e camiño Lagoal). Ademais, segundo avanzou Arévalo, dotarase ó paseo de iluminación, aseos públicos e outros servizos. Con esta actuación, a actual alcaldesa destaca que se dá resposta a unha das demandas dos mosenses xa que este é na actualidade un espazo moi frecuentado, sobre todo desde que nesta lexislatura se puxese en marcha o Parque da Auga, unha das novas áreas de lecer desenvolvidas polo goberno nestes catro anos, e que está situada ao carón do río Louro.


Ademais desta actuación, Arévalo anunciou a ampliación da senda de Torroso en case dous quilómetros e a creación de dos novos carrís bici. De feito, as humanizacións contempladas no proxecto de Nidia Arévalo para os vindeiros catro anos tamén ten en conta aos ciclistas. Un deles discorrerá entre Santiaguiño e o alto de Barreiro, de 3,5 quilómetros, e outro na estrada de Generoso Domínguez, de 6,8 quilómetros.


Nidia Arévalo insistiu hoxe en que estas actuacións están pensadas para facer de Mos un municipio sostible e con espazos para o disfute dos seus veciños e supoñen unha continuación ao traballo desenvolvido nestes últimos catro anos. De feito, nesta lexislatura puxerónse en marcha sete novas áreas de lecer co que a día de hoxe Mos conta cun total de 40 espazos de lecer.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.108

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.