VIGO
Hoxe abre o prazo de inscrición para os campamentos de verán
As inscricións para os campamentos de verán do Concello de Vigo poderán facerse desde hoxe luns, 27 de maio, ata o día 30 do mesmo mes. Os interesados poderán cumprimentar os requisitos a través da páxina web xuventudevigo.org
O Concello de Vigo abrirá o prazo para as inscricións dos campamentos de verán 2019, logo de ser publicado o anuncio no Boletín Oficinal da Provincia de Pontevedra (BOPPO).
Os campamentos e actividades de verán organízanse desde as concellerías Xuventude, Deportes, Política Social, Festas, Normalización Lingüística, Medio Ambiente e Educación. As propostas son para todas as idades, desde os 0 ata os 30 anos.
O prazo inscribirse comenzará este luns, 27 de maio, e estará aberto ata o 30 de maio. As prazas serán outorgadas en réxime de concorrencia competitiva e para realizar as solicitudes é preciso previamente darse de alta como solicitante, inscribir aos menores e solicitar as actividades na web veran.xuventudevigo.org.
Acordos da Xunta de Goberno Local
A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe os convenios coa Asociación Cultural Filharmónica de Vigo por un importe de 18.000 euros, coa Fundación Carlos Casares, por un valor de 6.000 euros, e co Club Deportivo Valladares para o desenvolvemento do seu proxecto de elite por un importe de 10.000 euros. Amais, a Xunta de Goberno deu o visto bo á contratación da produción técnica dos espectáculos e actividades do programa Vigo en Festas 2019 no Auditorio de Castrelos cun orzamento de 323.000 euros.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58