SALCEDA DE CASELAS
O CRA Raíña Aragonta recolle o Premio Proxecta de Innovación Educativa
Carmen Pomar sinalou o Plan Proxecta como “unha porta aberta á transformación, á innovación e á mellora do noso sistema educativo”
A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, presidiu esta semana o acto de entrega do Premio Proxecta de Innovación Educativa 2018, co que se recoñece e visibiliza a calidade dos traballos que desenvolveron 10 centros educativos de Galicia ao abeiro do Plan Proxecta. O CRA Raíña Aragonta (Salceda de Caselas) estivo entre os centros galardoados, acadando un dos terceiros premios na categoría A, na que están incluídas as escolas de educación infantil (EEI), colexios rurais agrupados (CRA), centros de educación especial (CEE), colexios de educación infantil e primaria (CEIP), e colexios de educación primaria (CEP).
Durante a súa intervención a conselleira sinalou o Plan Proxecta como “unha porta aberta á transformación, á innovación e á mellora do noso sistema educativo”. Das iniciativas galardoadas a conselleira destacou “a súa preocupación por unha educación en valores, a vida saudable, a defensa do medio ambiente, a promoción da contorna rural ou a protección do noso patrimonio máis próximo”. Neste sentido lembrou que para saír adiante estes proxectos precisaron dun traballo de coordinación e cooperación entre diversos departamentos do Goberno galego, así como con outras entidades. “Grazas a todos eles logramos integrar dinámicas que incentivan a creatividade, o pensamento crítico, a xestión da diversidade e, por suposto, o traballo en equipo e en rede”, dixo.
Carmen Pomar quixo, así mesmo, agradecer o labor dos docentes implicados no desenvolvemento destes traballos. “Confiastes nos proxectos, puxestes neles toda a ilusión e o esforzo. É bonito ver premiada a capacidade de promover unha educación activa e a contribución á mellora da calidade educativa”, rematou.
En toda Galicia resultaron galardoados 10 centros educativos
A dotación total dos galardóns ascende a 28.000 euros; os primeiros obteñen 6.000 euros cada un, os segundos 4.000 e os terceiros 2.000 euros.
Natureza e animais
O traballo do CRA Raíña Aragonta destaca no referido á protección da natureza e dos animais. O centro comezou a desenvolver o Proxecto Ríos ao abeiro do interese polo río Caselas e os numerosos regatos que atravesan a maior parte de Salceda de Caselas, co obxectivo de fomentar o respecto pola natureza, coidado dos ríos así como o coñecemento da flora e fauna presentes na zona.
Con posterioridade comezaron a desenvolver Protexe os animais, dende o que desenvolveron as destacadas iniciativas As nosas mascotas e Proxecto colabora, aproveitando o interese das nenas e nenos polos coidados e atención dos animais.
Plan Proxecta
O Plan Proxecta é unha iniciativa da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional en colaboración con diferentes organismos, dirixida a fomentar a innovación educativa nos centros a través de programas educativos que desenvolvan as competencias clave como eixe do currículo e os elementos transversais, nos cales se inclúe a educación en valores.
Neste curso ofertáronse un total de 43 programas diferentes, relacionados cos ámbitos da saúde, a alimentación, a actividade física, a ciencia e a tecnoloxía, a lingua, o patrimonio, a solidariedade, o medio ambiente, o desenvolvemento sustentable, a igualdade, o consumo responsable, o voluntariado, a interculturalidade, a convivencia, a educación emocional, o audiovisual, a normalización lingüística, os dereitos da infancia ou a mobilidade, entre outros. No actual curso 2018/19 participan no Plan Proxecta 542 centros de ensino e preto de 138.000 alumnas e alumnos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.108