GALICIA
Aberto o prazo para solicitar estadías nas residencias de tempo libre de Panxón e O Carballiño
Ofértanse 347 prazas en cada quenda
A Xunta de Galicia abre, durante dez días hábiles, o prazo para solicitar estadías nas residencias de tempo libre de Panxón, situada no municipio pontevedrés de Nigrán, e na do concello ourensán do Carballiño. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica o procedemento de adxudicación destas estadías para as que se ofertan 347 prazas por quenda.
Esta convocatoria está dirixida tanto as persoas maiores como as menores, sempre que vaian acompañados dos seus pais e nais ou titores legais, así como as galegas e galegos residentes no exterior. Non se admitirán as solicitudes que inclúan persoas que gozasen dalgunha quenda na mesma residencia nalgún dos dous anos anteriores.
Establécense descontos para as familias numerosas, para as persoas con discapacidade e os maiores de 60 anos, e para mulleres vítimas de violencia de xénero
O prezo da estadía é de 37,26 euros por persoa e día. A este importe establécense unha serie de descontos: un 30% para as familias numerosas, un 10% para as persoas con discapacidade e os maiores de 60 anos, e un 50% para as mulleres vítimas de violencia de xénero. Ademais, están exentos de pago as nenas e nenos menores de 2 anos que non empreguen os servizos de comedor ou durman das habitacións dos seus responsables, e aqueles entre 2 e 12 anos terán un desconto do 50%.
Ao igual que en anteriores tempadas, resérvase a segunda quenda do mes de xullo para as familias monoparentais e a última para as familias acolledoras. A primeira quenda de agosto queda para as familias numerosas. As que non se cubran incluiranse na quenda xeral.
A adxudicación das prazas efectuarase por sorteo, que se celebrará o 11 de xuño. As que queden vacantes por renuncias posteriores ofertaranse segundo a orde do listado de solicitantes que quedará establecido no propio sorteo.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.151