Vigo
Graduación do alumnado do Centro Residencial Docente de Vigo
O pasado xoves 23 de maio tivo lugar a festa de graduación do alumnado residente no Centro Residencial Docente de Vigo (CREDO) ao longo da promoción 2017/2019.
A mestra de ceremonias, a súa directora-xerente Montserrat Vaqueiro abriu o acto cun discurso de agradecemento a todo o persoal do CRD, transmitindo os parabéns e as felicitacións ás familias e aos residentes que neste curso rematan a súa estancia no Centro Residencial Docente. Igualmente fixo unha ampla alusión á importancia deste tipo de centros para acadar a equidade educativa, que garante a igualdade de oportunidades para o pleno desenvolvemento da personalidade a través da educación, a inclusión educativa, a igualdade de dereitos e oportunidades que axudan a superar calquera discriminación e accesibilidade universal á educación, actuando como un elemento compensador de desigualdades persoais, culturais, económicas e sociais.
O centro acolle alumnado de toda a Comunidade Autónoma, procedente dun total de 48 concellos distintos, que cursan os seus estudos en 17 centros educativos de Vigo. Un total de 60 alumnos rematan este curso o seu paso polo Centro Residencial Docente.
O Inspector Xefe Provincial Manuel Torres Vizcaya levou a cabo a lección de peche do curso académico cunha disertación sobre “ A aprendizaxe permanente. A importancia da formación ao longo da vida”.
Posteriormente impuxéronse as bandas de honra a todo o alumnado que rematou os seus estudos de ciclos formativos de grao medio, de grao superior e de bacharelatos. O acto rematou cunha actuación musical e un ágape para todos os asistentes.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58