Lunes, 23 de Marzo de 2026

Actualizada Lunes, 23 de Marzo de 2026 a las 08:26:37 horas

Xornal21.es
Martes, 28 de Mayo de 2019 Tiempo de lectura:
TOMIÑO

Primeiros auxilios na infancia, materia obrigada para nais e pais

A nota dominante entre as familias foi a participación constante para aclarar dúbidas e inquedanzas con respecto á crianza

Primeiros auxilios na primeira infancia. É o titular do obradoiro impartido polo Servizo de Pediatría do Centro de Saúde de Tomiño a unha trintena de familias con fillas e fillos pequenos, desexosas de aprender como actuar ante accidentes domésticos, golpes e outros casos que requiran unha primeira atención sanitaria, antes da chegada do médico ou da ambulancia.

 

Dentro da aposta pola mellora dos servizos sociais municipais que leva adiante o Concello de Tomiño e coma unha nova acción do programa Medrando en Familia do Servizo de Educación e Apoio Familiar, o pasado mércores levouse a cabo un taller de Primeiros auxilios na primeira infancia, a cargo de Clara García Cendón e Mª Jesús Prado, médica pediatra e enfermeira do Centro de Saúde de Tomiño, respectivamente.

 

A sesión celebrouse no CRA Mestre Manuel Garcés, onde as expertas explicaron en detalle de forma teórico-práctica, a pais e nais, como actuar en caso de afogamentos, queimaduras, golpes, descargas eléctricas; métodos de reanimación, etc. Asemade, falouse de temas complementarios coma a saúde dental, a alimentación saudable e os bos hábitos.

 

A nota dominante entre as familias foi a participación constante para aclarar dúbidas e inquedanzas con respecto a todos estes temas.

 

A actividade contou con servizo de gardería, como vén sendo habitual, para un maior aproveitamento do obradoiro.

 

A seguinte actividade no programa Medrando en Familia é unha sesión teatral: “Martes” de Teatro Baobab, chegará ao auditorio de Goián o sábado 8 de xuño ás sete da tarde. A obra está destinada a nenos e nenas de entre tres e seis anos.

 

Completa o programa o obradoiro de “Estimulación no medio acuático”, impartido os días 22 e 29 de xuño na piscina municipal de Vila Nova de Cerveira.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.