Lunes, 13 de Abril de 2026

Actualizada Lunes, 13 de Abril de 2026 a las 09:47:20 horas

Xornal21.es
Martes, 28 de Mayo de 2019 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

O PSOE achaca a perda do escano "á capitalización do goberno municipal polo BNG"

Garrote valora negativamente os resultados do pasado domingo

O PSdeG-PSOE de Ponteareas valora negativamente os resultados do pasado domingo, pois consideran que non foron capaces de capitalizar o seu traballo de goberno durante os catro anos de mandato.


Así mesmo, agradecen aos veciños e veciñas de Ponteareas a confianza depositada no Partido Socialista recordan que en Ponteareas segue habendo unha maioría de esquerdas onde o PSOE ten e terá un peso determinante para que se poidan levar a cabo políticas progresistas e de benestar para o conxunto da veciñanza.


Sen embargo, os socialistas de Ponteareas séntense satisfeitos pola súa labor á fronte das áreas de Urbanismo, Vías e Obras, Comercio, Seguridade, Mobilidade e Deportes, nos que se teñen avanzado e progresado áreas paralizadas durante anos polo PP e ACIP.


Os socialistas analizarán nesta semana os resultados para tomar decisións de cara o futuro e artellar cos resultados obtidos unha guía de mandato para os vindeiros catro anos nos que queren priorizar os intereses de Ponteareas por enriba de todo.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.