SALVATERRA DE MIÑO
Medio Ambiente abonará en xuño máis de 1,6 millóns de euros polas expropiacións da PLISAN
O pagamento realízase pola incorporación ao proxecto de expropiación dos recursos mineiros e a valoración do solo non urbanizable de núcleo rural
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), pagará máis de 1,6 millóns de euros pola expropiación de bens e dereitos destinados ao desenvolvemento da Plataforma Loxística-Industrial de Salvaterra-As Neves (PLISAN). Con esta finalidade o Diario Oficial de Galicia publicaba o anuncio polo que se cita aos titulares das propiedades e dereitos afectados.
O pago realizarase despois de que a mediados de abril se aprobara definitivamente a modificación parcial do proxecto de expropiación forzosa, polo procedemento de taxación conxunta, da Plisan, un paso necesario para a inclusión na relación de bens e dereitos afectados da eliminación do aproveitamento potencial dos recursos mineiros, así como para a valoración do solo non urbanizable de núcleo rural.
O importe a pagar corresponde ás 366 fincas que lograron unha valoración positiva
A sinatura das actas de pagamento e ocupación de bens e dereitos realizarase no Concello de Salvaterra de Miño en tres quendas. A primeira delas desenvolverase entre o 12 e o 14 de xuño, a segunda, do 19 ao 21 do mesmo mes, e a terceira e última, entre os días 26 e 27.
En total, a Xunta de Galicia abonará 1.661.433 euros correspondentes ás 366 fincas cuxa valoración foi positiva.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217